Eleccións Galegas. Onde mirar?

Xa están convocadas as eleccións ao Parlamento Galego. Podemos e debemos escoller con tino ás políticas que van condicionar o noso presente e futuro. Nestes tempos convulsos onde todo vale con tal de estar ou ser, os movementos de partidos semellan un cambio de taboleiro, onde antes era xadrez agora é parchis, onde antes era a oca agora son as damas, todo vale con tal de mover ficha.

Mais, non debemos esquecer que as prácticas políticas, as malas, son o xerme dunha desafeción á política pola sociedade. Convén diferenciar entre “proxectos sólidos e contrastados” e os que son tratados como “sólidos” anque sabemos que en realidade son “cócteles líquidos” que logo de tentar facer o efecto que se pretende, convertiranse en “gaseosoas formas ideolóxicas” que moi dificilmente serán quen de conterse nun recipiente ideolóxico e de acción, a non ser que esa “variedade líquida” sexa en realidade o mesmo líquido con distintos tintes, cousa que moito me temo.

A importancia das eleccións á Xunta, só se pode entender dende o punto de vista da Galiza, do territorio, da nosa xente, da nosa economía, do noso traballo. Calquera cousa que veña de fóra, non é máis que a representación local dunha política estatal para facerse camiño hacia o goberno de España.

Contrariamente ao que se tén dito noutros ámbitos, a situación galega, que padecen principalmente os novos, as mulleres, os pensionistas, os desempregados, as pequenas e medianas empresas, o ensino, a sanidade, o comercio, o naval, a pesca, o sector lácteo, as empresas eólicas… non é só froito dun goberno PP. É, ademáis, e así hai que deixalo claro, froito tamén da visión de estado que son as que guían os partidos estatais (PP, PSOE, IU) e que non permiten ver o feito diferencial e polo tanto as solucións concretas a unha terra que é galega por “terra, mar, aire… e por debaixo da auga”, que diría aquel insigne veciño de Ares alcumado “Garrafón”.

Nas eleccións galegas a solución é nacionalista e de esquerdas e aí é onde está o BNG. O día que vaiamos votar, só sabendo a onde hai que mirar, poderemos ver a lús que alumean os faros, os mesmos que guiaron os barcos na nosa historia mariñeira.

Que non nos despisten a néboas…

Share Button