• O BNG denuncia que o Alcalde de Ares impide a participación democrática, negándose a levar as mocións do BNG ao debate plenario.
  • O mandatario municipal aprovéitase da maioría que lle dá o pacto có ex-portavos do PP para practicar a mesma política que éste facía no goberno.

A Asemblea Local do BNG de Ares vén de valorar a actitude adoptada polo alcalde de Ares – negándose a incluir algunhas mocións do BNG aos debates plenarios – como unha situación antidemocrática; que evidencia que, como resultado do pacto de goberno que o PSOE está a manter co ex-portavoz do PP , Luis Cendán, o goberno municipal fica contaminado das peores formas que o agora “socio” do PSOE praticou durante os oito anos que estivo no goberno.

Deste xeito, valorábase a actitude adoptada polo alcalde de non incluir na orde do día do pleno que o concello celebrará o vindeiro Xoves 27. Mocións (acompañamos copia ) que, curiosamente, teñen a ver con cuestións urxentes e prioritarias; como é a situación na tramitación do PXOM ( incluidas as contrapartidas económicas derivadas para Luis Cendán e outro membro do seu grupo polo suposto apoio ) ou os acordos municipais para procurar a compensación pola perda do poder adquisitivo do persoal municipal.

Unha situación que resulta esperpéntica, por cando o PSOE ten aprobado na prática totalidade dos concellos da comarca a mesma proposta; cando aquí impede mesmo o seu debate; e que demostra claramente que a máxima autoridade municipal ten perdido completamente os papeis: escreber e predicar sobre supostos principios progresitas, mentras que pratica a máis rancia política antidemocrática, impedindo a defensa dos intereses veciñais.

Os feitos acontecidos no pleno ordinario do pasado mes de Xullo ( o de Agosto non se convocou ) ou a negativa a respostar unha pregunta sobre o abastecimento a Cervás ao concelleiro do BNG na última Comisión de Obras, demostran un talante instalado na arrogancia, no desprezo aos mínimos de tolerancia e participación; amparado nun pacto – o acordo con NAL – que temos que pagar todos os cidadáns de Ares, mentras non se atenden os servizos básicos da veciñanza.

Precisamente, para abordar esta situación e as medidas a adoptar, o BNG celebrará hoxe mércores unha asemblea dos seus afiliados; da que daremos conta ao conxunto da cidadanía e aos propios medios de comunicación.

Asemblea Local do BNG de Ares. 25 de Setembro de 2012

Share Button