Á veciñanza de Ares:

Andamos nestas xeiras; nas do cartaz, nas da papeleta, nas dos actos públicos, nas do diálogo, nas da análise e, ata diría eu, nas do atrevemento.

Se saíchedes pasear polas rúas do noso pobo, ou si escoitáchedes os altofalantes da cabalo dun coche, seberedes que Ares non é alleo ao que vai acontecer o vindeiro domingo, iso pensamos os do BNG tamén en Ares. Nesa data –á cal eu chamo, da responsabilidade- temos a posibilidade de que a nosa voz se escoite a través dunha papeleta introducida nunha furna e ademáis, tamén, a posibilidade de poñer os alicerces para mudar o que xa todo o mundo recoñece como unha situación socio-económica grave tamén na nosa terra que, a fin de contas, é o que interesa.

Seguro que nos escoitache -aos do Bloque- falar do Centro de Saúde, ou da ampliación do CPI Conde de Fenosa, ou do Abastecemento a Cervás igualmente. Pois ben, hai responsables políticos, tanto na Xunta como no Concello, que poderían falar de tal abandono, de promesas incumpridas e até de “estratexías do despiste”, que –todo hai que dicilo- rima con “alpiste” que é o que se lle dá aos paxaros. Mais ti e máis eu, e moitos máis tamén, sabemos que a única maneira de mudar esta situación é exercendo con Responsabilidade a encomenda que nós é dada; A participación, mediante o voto, nas Eleccións ao Parlamento de Galiza.

E digo responsabilidade porque o voto, o meu, o teu ou o da nosa veciñanza, vai ter repercusión. Logo non chega con votar o que “me gusta” como se dunha entrada do Facebook se tratase. Hai que informarse, analizar e decidir algo máis amplo: “O que precisamos”.

O que precisamos é un cambio, por que? Porque imos mal; perdimos dereitos laborais, sociais, perdimos capacidade económica, etc… e estamos na senda de perder aqueles elementos que sirven de coexión social, tales como a educación e a sanidade fortemente “tocada, retocada e estocada” polo equipo de Feijóo, que en cuestión de recortes e desigualdades teñen a Liga, a Champión, o Mundial, as Olimpiadas e ate o trofeo “Maldita lingua que está presente”.

O que precisamos é tamén subir a autoestima colectiva, mediante xente que non nos minta, (tamén en Ares sabemos -por desgraza- bastante disto), que nos fale con sinceridade, honestidade e realidade, que goberne para todos e todas nós.

E todo isto tamén tén que ver coa nosa aportación, coa que facemos a veciñanza de Ares ao colocar no Parlamento de Galiza ás persoas que nos representen e que de verdade mire polos intereses dos cidadáns e cidadás desta terra. Repito: Galega.

Hai xente en Cervás que sabe o que é sofrir o caso das Preferentes, que viron como os seus aforros foron dilapidados e como teñen que loitar agora para conseguir recuperalos.

Temos familiares e amigos no estranxeiro traballando nos muiños de vento, botando de menos ás familias e aos amigos, porque cando Feijóo colleu a Xunta de Galicia decidíu que o traballo do BNG para dotar esta terra dunha verdadeira política eólica, baseada no -tan temido polo PP-, “os beneficios para os galegos e non para as empresas foráneas de inimigos da terra, porque somos quen produce e, polo tanto, temos que notar nós a rendabilidade dos nosos recursos”, decidíu Feijóo, dicía, que estaba mal feito e polo tanto tiña excusa para desmantelar un proceso que beneficiaría a Galiza, ao conxunto da poboación galega e ao entramado empresarial autóctono, no que se veu en probar, coa sentenza do TSXG que tal “pau Feijoniano” carecía de fundamento e que o Plan Eólico feito polo BNG, estaba como tiña que estar: ben feito e cós ollos e o corazón postos na terra, na nosa.

Por non falar do Naval, que para os Gobernos de Madrid e Santiago son un tema “banal”, todo lles rima! e non quero seguir, pero xa sabedes por onde no-la queren dar.

E asi poderiamos seguir unha e mil veces, medida tras medida, acordo tras acordo, analizando a situación que se producíu logo de tres anos e medio de goberno do PP.

Dín que a esperanza é o último que se perde, eu digo ademáis que o compromiso e o amor á nosa xente, á nosa terra, á nosa cultura, ás nosas tradicións, á nosa língua é o primeiro paso para rachar cun pasado escuro. Con este primeiro paso que dás, faremos camiño có BNG.

Por unha sociedade máis xusta, vota BNG.

Ánimo e Adiante!

Share Button