Cáseque 10 anos tardou en resolverse o caso da manipulación do censo en Ares, evidenciandose – agora con sentenza xudicial – os modos que utiliza o PP para suplantar a vontade democrática. O que agora fixo a xustiza, cunha lentitude ás veces desesperante, foi simplemete ratificar o que a maioría da cidadanía xa tiña asumido como un dos maiores ataques ás reglas de xogo producidos no noso concello; e mira que nos oito anos de goberno do PP producíronse ben deles….

A sentenza tén a súa relevancia, pero debemos de poñer en valor a acción política previa que deu lugar precisamente á posterior intervención dos tribunais. Unha acción política que o BNG foi quén de poñer en marcha xa antes da celebración das municipais do 2003, denunciando os feitos perante o Instituto Nacional de Estadística (INE) que foi o que dou lugar a un informe demoledor que logo resultou clave en todas as accións que se desenvolveron a posteriori polo resto dos grupos da oposición municipal. E aquí, como noutros ámbitos da vida, faise certo o de “uns levan a fama, e outros cardan a lá”….

Se ben é certo que a sentenza condena ao ex-alcalde e a unha funcionaria, no expediente xudicial hai manifestacións abondas que evidencian que a manipulación do censo foi unha acción colexiada do partido que sustentaba o goberno municipal. Outra cousa é que resultasen imputadas unhas persoas, e outras conseguisen burlar a acción da xustiza. Como, por exemplo, o daquela portavoz municipal do PP e o seu compañeiro responsábel de urbanismo; sinalados no proceso probatorio como elementos moi activos no proceso de manipulación do censo.

Así chama a atención que a estas alturas, precisamente unha das forzas políticas que exerceron a denuncia xudicial no seu momento, promova un pacto político que sitúa en postos de responsabilidade na área de urbanismo a dúas persoas que figuran
encausadas en todo o proceso; por máis que ao final non fosen condeadas. Noméase concelleiro delegado en área de urbanismo ao daquela portavoz do partido que realizou “el fraude electoral burdo y mafioso” e tamén noméase persoal de confianza ao naquel
entón concelleiro de urbanismo, que tiña censados persoas ata no seu garaxe. O ético para algúns se confunde co tétrico..

Cumpriría que ao fio da sentenza se dispuxesen – como agora vai propór o BNG ao pleno do concello – as medidas oportunas que alonxen da responsabilidade política a calquera persoa que tivese relacion co fraude cometido no seu día. A non ser, claro está, que co chivo expiatorio da condea do anterior alcalde e dunha funcionaria, se pretenda pasar por alto outras responsabilidades que poñerían en cuestión un “pacto” do que ata o de agora os únicos resultados que temos son económicos, eso sí, negativos para as arcas municipais. E penso eu que, ao tempo que se fan chamadas á ética, tamén se debería predicar coa estética…..

Share Button
 

Comentarios pechados.