Do acontecido no pleno dos Orzamentos 2013 e máis …

Parece que se lle torcen as cousas ao Alcalde. Sigue enclaustrado na mentira, na súa percepción individualista para o aproveitamento persoal do “público” e no aproveitamento persoal e partidista dos recursos municipais.

No pleno do pasado día 15 de Xaneiro puidemos comprobar o que lle interesa ao Grupo de Goberno PSOE-NAL os tema económicos,  laborais e de xestión; nada, non lles interesa nada. E vós, queridos veciños e veciñas,  xa deberiades sabelo porque o BNG vén de lonxe avisando. Non vaia ser que logo  alguén se leve sorpresas.

A situación económica do Concello, resultado da xestión de goberno do Alcalde Julio Iglesias, é crítica e así o  manifesta o Secretario-Interventor no seu informe cando di: “…, así como medidas adoptadas no marco de solventar a díficil situación económica do Concello,  cunha grave situación de tesourería …”

Cunha análise certa e rigorosa dos Orzamentos 2013 é moi doado decatarse de que o primeiro obxectivo “conseguido” é a perda de capacidade en investivento, malgasto xeral e blindaxe do gasto nos órganos Colexiados do Concello, a pesares do advertido no Informe Económico-Financieiro do Secretario-Interventor: “…Tamén recoméndase efectuar unha revisión da periodicidade dos órganos Colexiados do concello, dando lugar a veces a un excesivo número de convocatorias”.

O seu segundo obxectivo foi manter o pacto con NAL. Aquí non doeron prendas. Mantense a contratación como persoa de confianza ao que fora Concelleiro de Urbanismo do PP, que tiña censadas a persoas doutro concello no seu garaxe, a pesares de terse perdidos 19.000 euros da subvención da Xunta. Tampouco se disolveu a Comisión especial para o Impulso do Plan de Urbanismo, que conleva máis retribucións para o que outrora fora Portavoz Municipal de PP, tamén cando a fraude electoral do censo.

Cun orzamento de 5.054.063,74  de €, o Concello de Ares pagará 573.453,64 € de débeda pública  (252.820 de intereses de débeda máis 320.633,64, de amortización de capital) mentres que destinará 287.782,26 € a investimento real. Este ano só se fará unha primeira fase da obra de Abastecemento de Cervás, porque o resto do diñeiro da Deputación  que deberiamos de investir en obras, adícanse en parte a pagar aos “tocados pola man de Deus, perdón de Iglesias”, e dicir, aos cargos de confianza do Alcalde (Secretaria, Xornalista e Administrativo para o Plan Urbanístico (PXOM) e “asesor cultural”.

Quero que saibades, queridos veciños e veciñas, que van destinar 330.417 € que saen tamén dos nosos impostos para manter os actuais Órganos de Goberno, (Soldo de Alcalde, 3 persoas de confianza, Asesor de Cultural, Seguridade Social, Telefonía móbil, Desprazamentos, Peaxes e aparcadoiros, dietas…) porque para esto, según eles, hai diñeiro.

E mentras tanto siguen coa súa “Dictadura democrática”, maltratando aos concelleiros do BNG, sen deixarnos falar cando polo regulamento nos corresponde, sen deixarnos presentar engádegas, enmendas ou mocións para rematar as obras máis necesarias e maltratándote a ti tamén, porque utilizar a web municipal para mentir, como fixo na nota de prensa do día 17-I-2013, (e non é a primeira) ou para censurar as noticias verdadeiras publicadas polo diario La Voz de Galicia que non lle son favorables, é crear un clima de desconfianza e desprestixio que quere dirixir a nós. Non sabe este noso alcalde, que a ferramenta que utiliza é un búmerang, e tarde ou cedo váille espetar nos fuciños.

Espero que para daquela, os concelleiros e concelleiras do PSOE levanten tamén a man como fan nos plenos, para decir: “eu tamén fun culpable”.

 

Share Button