Rúa Concepción Arenal, na realidade

Hoxe publicou unha nota de Prensa o Concello, onde anunciaba “unha actuación de mellora do firma na rúa Concepción Arenal” (http://concellodeares.com/amplianota.php?cod=1385) nota da que se facían eco outros medios de comunicación.

Como adoita acontecer, o gabinete de propaganda do Grupo de Goberno que pagamos todos os veciños e veciñas de Ares, tenta asomarnos a unha realidade virtual, pero a tanxible; a que sofrimos dia a dia a veciñanza da Rúa Concepción Arenal que transitamos a pé ou cós vehículos dia tras dia, por estas penúrias, fáinos estar molestos con estas noticias trapalleiras.

Arreglen xá as vías municipais, e xustifiquen de algunha maneira a suba abusiva da Rodaxe que xa denunciamos o ano pasado, ou é que a suba só se vai dirixir aos seus gastos do grupo de goberno, asesores e dietas, en troques de destinalos a tapar os baches?

Non máis trapalladas!

Share Button