Máis de 700 sinaturas piden a execución do proxecto de seguridade viaria da estrada Ares-Chanteiro

UNHA REPRESENTACIÓN VECIÑAL DE LUBRE, CERVÁS E CHANTEIRO FIXO ENTREGA DE 704 SINATURAS NAS QUE SE PIDE A EXECUCIÓN DO PROXECTO DE SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA ARES-CHANTEIRO

A VECIÑANZA ENTENDE QUE AS OBRAS DE REPARACIÓN RECENTEMENTE EXECUTADAS NON RESOLVEN AS CARENCIAS DERIVADAS DUNHA CALZADA ESTREITA E QUE AUMENTAN AÍNDA MÁIS O PERIGO PARA
VEHICULOS E PEÓNS

Unha representación veciñal dos núcleos de Lubre, Cervás e Chanteiro – por onde pasa a estrada que vai de Ares a Chanteiro, competencia da Deputación de A Coruña – fixeron entrega hoxe ao mediodía no rexistro municipal do concello de Ares de varios pregos con un total de 704 sinaturas nas que se pide que se execute o proxecto de amplianción da calzada e seguridade vial na devandita estrada, que fora aprobado pola Deputación de A Coruña no ano 2008; e que contaba cun orzamento económico superior a 1,7 millóns de euros.

Esta iniciativa veciñal xurdiu ao pouco de que se evidenciara con toda claridade que as obras de reparación acometidas pola Deputación no pasado mes de Agosto – que consistiron exclusivamente na dotación dunha capa de rodadura – non só non resolven
os problemas de seguridade viaria na estrada, senón que mesmo están a agravala.Sospeitan, ademáis, que a Deputación pretende “lavar a cara” coa reparación parcial feita para non executar o proxecto comprometido e aprobado no seu día.

Os representantes veciñais – que estiveron acompañados na entrega das sinaturas polos membros do Grupo Municipal do BNG –  fan fincapé no feito de que desde a reparación producíronse na estrada tres accidentes, en parte derivados pola recrecida que se fixo no firme e que leva a que calquera saída da vía – situación que se repite, por mor dunha calzada tan estreita que nen siquera dá para pintar as dúas direccións – sexa un problema para os vehículos. Ademáis, aseguran  que coas obras executadas agudízase o
risco para as persoas que transitan como peóns na estrada nos diversos núcleos, xa que non existen nen beirarrúas espazo algún no que se poda camiñar cun mínimo de seguridade.

A grande receptividade que esta demanda ten nesta zona queda evidenciada no feito de que as sinaturas recolléronse en pouco máis de dez días; polo que mesmo a partir de agora poderían incluirse novas adhesións a esta petición. Asimesmo, nos vindeiros días faráse entrega dunha copia das sinaturas á Deputación de A Coruña, co obxecto de que atenda as peticións da veciñanza e inclúa nos orzamentos do vindeiro ano a execución dun proxecto que está aprobado desde o ano 2008, cun orzamento específico, e cun proceso de expropiacións iniciado xa no 2011.

Share Button