Os postos de confianza; a única prioridade do goberno de Julio Iglesias

Hai maneiras de facer política, de non facela ou de desfacela.

As declaracións do Alcalde ao respecto da Reforma Local, publicadas no Diario de Ferrol, dan a temperatura certa de como andan as prioridades do Grupo de Goberno PSOE-NAL.

O resutado é que andan “quentes” pola posibilidade de perder(?) unha traballadora do “seu” gabinete. Tanto é así que o alcalde “…Aseguró que su partido le ha confirmado su disposición a presentar un recurso ante el Tribunal Constitucional y a luchar en las Cortes Generales…”

Non contempla Iglesias a posibilidade de perder á asesora de Prensa, que tanto favor lle fai ao cociñar a información institucional nun forno con receta de “volta e volta”, para servir un suculento manxar que ao cabo non é máis que propaganda que recorda ao NODO.

Perder ademáis a posibilidade de que tal profesional(??) esté en nómina, sería prescindir dos servizos de quen ademáis é Secretaria de Igualdade do PSdeG…(http://www.psdeg-psoe.com/ceng/secretaria-de-igualdade/)

Mágoa que o Sr. Alcalde e demáis “torpe-lación (tripulación torpe)” non se movese cando o gobernó do PP lle quitou parte da paga extra a traballadores/as laborais e funcionarios/as, (paga que agora o Concello de Ares terá que abonar ao sentenciarse tal feito como ilegal).

En definitiva, móvese para garantir un posto de traballo contratado a dedo totalmente prescindible e que ademáis non é estrutural, e non se move para defender os dereitos dos traballadores e traballadoras do Concello, cando ademáis evitou que a
moción que presentamos nin tan siquer se discutise en votase en Pleno.

Mira que non hai temas na Reforma da Administración Local (Defunción da Administración Local) que afectan á cidadanía e ás competencias da propia institución; e que afondan na supresión de servizos básicos e do ámbito social… pois non, coma sempre, mirando polo seus intereses persoais…

“reform@res: e tíralle do ar…!”

(http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/plantean-exigencias-concellos-son-menos-endeudados/20140205003250074113.HTML)

 

 

Share Button