Discriminación ao estudantado aresán e incumprimento de acordos

discriminaresO Concello de Ares vén de habilitar unha bolsa de axudas para o transporte do alumnado empadroado neste municipio que curse os seus estudos de Bacharelato no IES Mugardos. Unha medida que demostra o descoñecemento que ten o grupo de goberno da realidade educativa dos rapaces e rapazas do noso Concello.

 No pleno ordinario do mes de Outubro, presentamos dende o BNG unha moción para crear unhas bolsas de axuda ao estudantado aresán. O goberno do PSOE-NAL, lonxe de cumprir dita moción presentada por nós e aprobada por unanimidade, incurre nunha discriminación que non aceptamos e esiximos a súa reparación.
 
A realidade que descoñecen Julio Iglesias e o seu equipo é que hai rapaces que estudan Ciclos e Bacharelatos noutros centros da comarca que non son o IES de Mugardos.
 
Porque un mozo ou moza que estuda Hostalería en Pontedeume, ou un dos diferentes ciclos que se imparten en Barallobre, Ferrol…, ou mesmo Bacharelato noutros centros da Comarca, tamén deben ter as mesmas oportunidades que os estudantes do IES Mugardos de poder acollerse a estas bolsas para o pago de transporte.
 
Ademáis discrepamos da contía e filosofía da bolsa, xa que non se corresponde co aprobado na moción que presentamos.
 
Menos “política de Foto” e máis respecto, polos veciños e veciñas de Ares excluídos das bolsas para o transporte e polos acordos tomados no Pleno.
Share Button