Enchuf@res. Enchufes coma puños

ImprimirEsta fin de semana dimos por concluido o reparto do último boletín informativo do BNG de Ares.

Desta volta, a información que trasladamos á veciñanza tiña que ver có traballo de fiscalización que levamos a cabo có tema da contratación de persoal, da contratación de asesoría externa, etc. Foi un traballo que nos levou moito tempo, pero que finalmente rematamos descubrindo as cacicadas cometidas polo goberno municipal do PSOE-NAL.

Pago de favores, enchufismo puro e duro, irregularidades nos procesos de contratación e regalos en forma de “contratos de asesoría externa aos amigos”. A conta de quen? de ti, de mín e de nós, querido/a veciño/a.

Os xornais relatan día si, dia tamén como “algúns politiquillos del tres al cuarto” aproveitan a súa posición de poder para caciquear e sacar rendimento persoal. Non é necesario ir ao Ourense dos Baltar, nin ir á Valencia de Camps, isto desgraciadamente témolo en Ares có goberno de PSOE-NAL.

Como dí meu compañeiro Anxo cando miramos o tema das taxas, prezos públicos e demáis tributos que nos puxo este goberno municipal, o Alcalde e demáis familia conxugan o verbo pagar en: Eu cobro, ti pagas, el paga, nós cobramos, vós pagades, eles pagan…

Fóra caciques da nosa vila!!!

Share Button