Preguntamos no parlamento galego sobre a Ampliación do CPI Conde de Fenosa

O Secretario Xeral Técnico da Consellaría de Educación afirmou, en reposta a unha pregunta do BNG sobre o tema, que as obras de ampliación do CPI de Ares non poden materializarse porque o concello non puxo aínda os terreos correspondentes a disposición da Xunta; segundo estipula o convenio asinado hai agora dous anos.

Na pormenorizada intervención do compañeiro  Cosme Pombo (Deputado do BNG no Parlamento Galego) fíxose un relatorio polas diversas fases desta demanda e pola situación anómala na que se están a desenvolver as actividades no CPI por mor dunhas instalacións inadecuadas. O máis grave é, ao noso xuizo, que o convenio asinado hai agora dous anos quedouse na prática en papel mollado; polo incumprimento reiterado dos compromisos. Polo tanto, aquí o único que se fai e continuar coa provisionalidade.

O xogo PP-PSOE de pasarse as responsabilidades do por que non está feita ampliación ponse de manifesto ao citar -o actual Secretario Técnico da Xunta- unhas manifestacións do entonces Delegado da Consellería de Educación (daquela capitaneada polo PSOE) onde dicía que a ampliación non era prioritaria nin urxente.

A ampliación do cole có aulario na ubicación que dende o BNG sempre defendimos ao igual que a comunidade educativa e en contra do goberno municipal do PSOE, da Deputación do PP e da Xunta de Galicia do PP, non vai ser viable até que entre en vigor o novo PXOM, o cal demostra como siguen a ningunearnos, tanto o PSOE como o PP coa excusa da “lealdade institucional” que xustifica a Xunta de Galicia.

Patético.

Share Button