Vampirismo político có Centro de Saúde

rexistro moción cdsaúdeA construción do novo Centro de Saúde é unha demanda vella, tanto por parte de usuari@s como por parte da nosa organización que dende hai anos vimos a reclamar constatemente a súa obra.

Unhas obras que non só deben mellorar o estado das propias instalacións senón tamén a prestación de servizos, agravados no periodo vacacional, asi como a área de pediatría que durante moitos anos está baixo mínimos no noso centro.

En dias pasados organizamos -dende o BNG- unha recollida de sinaturas no exterior do Centro de Saúde, dirixida fundamentalmente aos usuari@s, anque a petición de outros veciñ@s obrigóunos tamén a levar as plicas alí onde nos reclamaban. Así, lugares como Lubre, Cervás ou Redes participaron tamén desta campaña.

As hemerotecas son testemuñas do incumplimento das promesas, tanto da Conselleria de Sanidade como do Grupo de Goberno do Concello de Ares. É o mesmo tema que o da necesaria e urxente ampliación do Colexio. Unhas obras que depende das dúas administracións e que demostran a incapacidade dos seus representantes, prestos a noticias e titulares pero cunha realidade que os catapulta na máis fonda da inaptitude.

Pero o esperpento chegou no pleno ordinario de Xullo celebrado hoxe, cando presentamos por vía de urxencia a moción que reflectía a petición asinada por máis de 300 veciñ@s. Unha moción presentada minutos antes da celebración do pleno e que o PSOE tivo a desfachatez de piratear no seu “petitum”, retrasando por este motivo a celebración do pleno. Vampirismo político de quen non é capaz de ter iniciativa.

Iso si, non copiaron a Exposición de motivos porque como tod@s sabemos hai responsabilidade tamén do Grupo de Goberno Municipal no feito de que non se realice a obra e así vai reflexado na nosa moción.

Agradecemos unha vez máis a colaboración da veciñanza polas sinaturas e continuaremos neste vieiro, sendo ouvidos de veciños e veciñas e esixindo as obras que a nosa Vila precisa.

O seguinte paso é trasladar a petición á Consellería de Sanidade.

Morderán novamente no pescozo os incompetentes? Posiblemente, por iso repetimos: SOS Sanidade Pública. Centro de Saúde de Ares, xa!!

Share Button