A pretendida Lei sobre a “Deforma” Electoral

Xa o dí o refrán: En agosto frío no rostro. Así e como quedamos os cidadáns e cidadás que comprendemos o espirito da democracia, iso que tan de moda está debido á súa ausencia.

A reforma da Lei Electoral que pretende o goberno do PP non é un tema menor, é ademáis preocupante xa que o seu debate xira en torno a desaparición da vontade da cidadanía, disfrazado de operatividade á hora de gobernar.

Eu, que non comparto para nada a Lei D’ Hont, porque fortalece ás maiorías en detrimento dos grupos minoritarios e ademáis cós mínimos marcados imposibilita que algunhas forzas non consigan representación, ou o feito de que os votos das Provincias de Lugo e Ourense teñan máis valor que as de A Coruña e Pontevedra, penso que a xente non é consciente do que pasaría si esta “idea?” se levase a cabo.

Todos e todas coñecemos concellos con maioría absoluta que funcionan ben e outros que funcionan mal, de igual xeito concellos con Pactos de Goberno que funcionan ben e outros que funcionan mal. Logo non é cuestión de garantir mediante unha maioría absoluta un bó funcionamento das Administracións. Exemplos hai; o Concello de Santiago de Compostela obtivo hai tres anos un goberno con maioría absoluta, xa desfilaron dous alcaldes. Ningún de baixa por enfermidade.

Tanto o PP como certos sectores do PSOE -venme á mente Paco Vázquez (pouco de Vázquez e moito de Francisco…)- apoian ou apoiaron no seu dia esta medida. Unha medida que só aplauden @s que son incapaces de chegar a acordos, de trazar consensos ou de negociar un pacto que leve a política a un destino onde a maioria da cidadanía -non dos votantes dunha opción!- sexan respectados, tidos en conta e reflexados do interés xeral.

Esto non pinta mal. Esto é un borrón.

Remato como comecéi, cun refrán; Como vas Melchor? Cada vez peor.

Share Button