(inclúo a entrevista íntegra publicada por Actualidares no seu sitio de facebook)

emilioActualidares- Haga un balance en pocas líneas de tus años al frente del BNG de Ares y como partido de la oposición.

Emilio Mesias – Estes anos servíronme para entender os motivos polo cal está mal dirixido o Concello e a repercusión que trae consigo este feito. Pero esto ten solución, querendo claro. Unha solución que non vai vir de quen leva practicado políticas de enchufismo e de desprestixio a unha parte da veciñanza e tomando o Concello como a súa propia casa.

Os mandatos de Julio Iglesias e o PSOE recordan aos anteriores do PP. Están fixados en intereses persoais e deixan de lado as necesidades colectivas. 
Como grupo que somos da oposición, creo que –tanto o compañeiro Anxo coma mín- estamos á altura do noso rol. A Oposición é a encargada de fiscalizar a labor do grupo de goberno, de denunciar as malas prácticas, e nesas andamos. Sei que somos moi incómodos para o goberno de PSOE-NAL precisamente porque estamos encima dos temas, e así é como nos visualiza a xente.

En canto ás iniciativas que presentamos, lamentablemente non se atenden a maioría, aí estamos coa estrada Ares-Chanteiro respaldado con máis de 700 sinaturas ou o tema do Centro de Saúde con máis de 300 recollidas nunha semana, entre outras.

Actualidares – ¿Cómo calificaría la gestión del gobierno municipal a lo largo de estos 7 años de mandato?

Emilio Mesias – A realidade deste mandato de 7 anos, son: despilfarro nos catro primeiros e afloramento da débeda nos 3 seguintes coa consecuencia que todos e todas coñecemos; forte incremento nos impostos, taxas e tributos para facer frente á débeda contraída polo PSOE á cal temos que pagar os aresáns e as aresás por obra e gracia dun plan de axuste deseñado polo goberno municipal.

Con esta situación tan desoladora e que está a lastrar a nosa economía, cando menos dez anos, non temos a posibilidade de mostrarnos contentos.

Actualidares – El BNG es uno de los partidos que ejercen una oposición más activa en el ayuntamiento de Ares ¿Que opinas del resto de partidos de la oposición?

Emilio Mesias – Tanto Anxo coma mín, preocupámonos porque a nosa oposición vaia en coherencia có noso programa, que está deseñado para atender as necesidades dos veciños e veciñas e anque é certo que somos o grupo -de entre a oposición e goberno- que máis activo e o que máis iniciativas leva plantexado, non somos quen de xulgar as estratexias do resto dos grupos, alá cada quen.

Actualidares – Ha cometido y/o asumido el BNG algún error durante su oposición? En caso de ser respuesta afirmativa ¿podría decirnos de cual?

Emilio Mesias – Teño que recoñecer que si cometín algún erro, sobre todo nos dous primeiros anos en debates có Alcalde. É moi dado a dar respostas que non son verdade. O recurso da mentira é constante nas súas resposta, pero claro… ás veces cóstabame crer que fose capaz de mentirnos tan descaradamente. Confiei na súa palabra, foi un erro.

Actualidares – ¿Supone un riesgo para el BNG la aparición en el panorama político municipal del grupo Podemos?

Emilio Mesias – Para o BNG non sería un “risco” en absoluto o feito de que outras organizacións aparezan no panorama político municipal. O BNG como organización acredita na participación de homes e mulleres no movemento social, nas asociacións e na vida política, sempre e cando sexa cun programa que vaia na liña do interés xeral por riba do particular e que ademáis sexa para mellorar as cousas.

A dia de hoxe non teño coñecemento de si vai haber organizacións novas nos vindeiros comicios.

Actualidares – Según el alcalde de Ares el señor Iglesias el BNG se convirtió en el partido “del no por el no” ¿qué tienes qué decir a eso, por qué el regidor municipal califica al BNG de esa manera?

Emilio Mesias – Dí esto porque se dan casos nos que a nosa postura é contraria á cal el defende; dixémoslle NON a derrubar o palco, porque suporía a desaparición dunha parte moi importante do noso patrimonio, (a maioría da xente o entende e o comparte).

Decímoslle NON á política de contratación de persoal, que todos e todas sabemos que é “pola porta de atrás”, porque supón tratar con desigualdade aos veciños e veciñas que teñen dereito a acceder a un posto de traballo (a maioría da xente o entende e o comparte). Decímoslle que NON aos contratos de persoal de confianza que non son necesarios, así como aos contratos de “xestións externas”, porque supón unha carga económica innecesaria para as arcas municipais que logo temos que pagar todos e todas cos nosos impostos e tamén esto a xente o entende e o comparte, e así poderiamos seguir …

Pero o que el ve como negativo nós o vemos como positivo, “Sí” ao mantemento do Palco, “si” a unha política de contratación de persoal con igualdade de oportunidades… en definitiva; “sí” ao respecto á xente e ás normas e “non” a intereses persoais que afectan negativamente ás necesidades colectivas, que o único que fai é dividir entre “os amig@s e o resto”.

Actualidares- ¿Cuál fue el proyecto ejecutado por el actual gobierno con el que estuvisteis de acuerdo? Un proyecto en el que no habéis estado de acuerdo?

Emilio Mesias – Véñenme á mente dous proxectos en Lubre. Estamos dacordo na remodelación da unitaria de Lubre para facer un Local de ensaio e unha sala para que se poidan xuntar os veciños e veciñas de Lubre, anque denunciamos no pleno que a obra non se fixo conforme ao proxecto e que era mellorable, de feito hai retraso na apertura porque xurdiron problemas na reparación.

Estivemos en desacordo coa pretensión de facer o camposanto no vello campo de fútbol de Lubre. 

Actualidares – ¿Consideráis que vuestra manera de ejercer la oposición en el ayuntamiento se ajusta a las “reglas del juego” o que en alguna vez se han traspasado ciertos limites?

Emilio Mesias- Temos feito protestas de maneira firme en moitos plenos e comisións, precisamente para que os debates se axustasen ás “reglas de xogo” ou sexa, ao regulamento. Moitas veces tivemos que ergue-la voz e dar algún toque na mesa. Recordo que a principios de mandato, o Alcalde non deixaba intervir na quenda de rogos e preguntas ao meu compañeiro Anxo, algo que vai en contra do regulamento e en contra de toda lóxica se a participación dos e das representantes nos referimos.

Tivemos unha batalla longa que durou varios meses, pero ao final o Alcalde entrou pola tira e non lle quedou máis remedio que cumprir có regulamento. A dia de hoxe calquer concelleiro ou concelleira pode exercer o seu dereito a preguntar nos plenos. Nós esiximos que se fagan ben as cousas. Prohibirlle falar @s concelleir@s é taparlle a boca á parte dos veciños e veciñas aos cales representamos. 

Actualidares – Si el BNG ganase las elecciones, ¿cuales serian los primeros pasos a realizar a la hora de gestionar el ayuntamiento?

Emilio Mesias – Un Concello, igual que outras moitas cousas, non se poden xestionar sin unha organización do traballo e dos traballadores e traballadoras. Pero para organizar hai que ter unha idea certa de como ten que funcionar o dia a dia da administración. Esto consíguese a través dun documento de RPT (relación de postos de traballo) que seguro que xa nos tedes oido falar. Este documento debe reflectir a plantilla necesaria e os traballos que cada quen debe realizar. A partir de aí, contención no gasto e organización do traballo político e de xestión. Plans plurianuais naqueles temas que o precisan (arranxo de camiños, limpeza de viais, etc.) políticas dirixidas a crear emprego, etc…

Actualidares – ¿Estaría el BNG dispuesto a pactar con un partido para poder gobernar?

Emilio Mesias – A posibilidade de pacto só se dá despois de coñecer o resultado electoral. Nós a dia de hoxe non o contemplamos, porque somos unha organización con capacidade para gobernar en solitario, pero xa digo, as posibilidades de pacto provócanna a veciñanza có seu voto cando non hai maiorías absolutas. Chegado ese momento habería que valorar, pero sempre cun programa para que os veciños e veciñas coñezan cales son as características do pacto.

Actualidares – ¿Qué crees que necesita Ares en cuanto a infraestructuras se refiere?

Emilio Mesias – O máis importante é dotármonos dun instrumento básico para realizar calquer intervención, iso é o Plan de Urbanismo. Vai para sete anos que temos esa prioridade enriba da mesa, e agora a situación está máis grave que nunca, cun goberno que logo de catro meses do remate da exposión pública, non informa á cidadanía que pasa co Plan e canto tempo máis ten que esperar o veciño e veciña que quere facer unha obra e que non pode por estar as licenzas en suspenso.

Actualidares – ¿Conoce la situación económica real del ayuntamiento, cómo la calificarías?

Emilio Mesias – Somos dos Concellos máis endebedados da Provincia, un endebedamento que é resultado dun gasto descontrolado por parte do goberno de Julio Iglesias, e quero resaltar o de “Gasto”, porque a cousa sería distinta se dixesemos que a débeda é resultado de investimentos reais e necesarios dirixidos a políticas de desenvolvemento en ámbitos como o laboral, as infraestruturas, etc… que neste caso estaría xustificado, pero non, o que se gastou quedou en nada, festas fin de verano nos primeiros ano, soldos de persoal de confianza, pago de favores ao asesor de cultura, dietas, etc, etc, etc…

Actualidares – ¿Existen favoritismos a la hora de contratar al personal auxiliar del ayuntamiento?

Emilio Mesias – Desgraciadamente si. É tan común esta situación (xa o PP tiña a mesma politica de contratación) que lamentablemente unha parte da veciñanza xa o ve como lóxico!! O cal non deixa de sorprenderme. Aparte das contratacións que se fan sin respectar os principios de publicidade, mérito e capacidade (hai informes de disconformidade por parte do Secretario-Intervención ao respecto), tamén están os procesos que presentan irregularidades. Nas últimas convocatorias constatamos que non se cumplen as bases e así o denunciamos, se obter resposta ningunha.

É curioso tamén que coa cantidade de procesos de selección que se diron nos tres últimos meses, non se convocase a comisión informativa de persoal. O feito de que na convocatoria de persoal para a extinción de incendios haxa que despedir a unha traballadora por estar mal resolto o resultado das probas demostra que non se toma en serio os procesos selectivos. Cousa que é grave de por si, pero moito máis nos 
tempos que corren.

Actualidares- ¿Existe un pacto PSOE-NAL?

Emilio Mesias – O que existe é o que nós damos en chamar un “pacto encuberto”, ou sexa; un acordo de intereses persoais que non se fixo público. Por iso me refería antes ao feito de pactar.

En que consiste un pacto e porque hai necesidade de facelo?

Podo explicalo de maneira que se entenda: Cando unha organización ou partido se presenta a unhas eleccións, fáino baixo un programa, ou sexa: “que é o que imos facer si gobernamos”, no caso de que non haxa maioría absoluta xurde a posibilidade de pactar para asegurar unha maioría que permita gobernar sen moitas dificultades. Os grupos chegan a acordos sobre os programas de goberno de cada un. Márcanse as prioridades polo ben do colectivo. Pero esto non pode ser de costas á veciñanza, chegado a este momento os grupos que pactaron teñen que comparecer ante a cidadanía e facer público o programa de goberno consensuado que van levar a cabo. Iso é o verdadeiro pacto, casualmente o que non fixo PSOE-NAL cuxo pacto principal é económico e persoal.

Actualidares – ¿Ha denunciado el BNG irregularidades en el PXOM? ¿Cuáles?

Emilio Mesias – Dende o primeiro momento non se respectaron os prazos, existen irregularidades na planimetría dos planos, etc… A filosofía política do plan non se explicou aos veciños, deixaron que os técnicos recibisen aos interesados durante a exposición do plan.

Só nós fumos quen de trasladar á veciñanza, cunhas charlas polas parroquias, o contido do plan. O proxecto económico para o plan é inviable, non contempla a situación económica real. A previsión de crecemento poboacional é de chiste non o cre nin quen o fixo, (os datos do último ano, revelan que perdemos poboación) temos un parque de vivendas baleiras enorme, non contempla o necesario acceso ás instalacións portuarias a través dun vial que circunvale o casco urbano, non hai política de rehabilitación que favoreza o asentamento nas vivendas que están quedando baleiras no centro, o desenvolvemento dos núcleos queda decapitado… Así é que houbo unha forte contestación por parte de veciños e veciñas con preto de 600 alegacións, e cun grupo importante de veciños e veciñas de Redes que se constituiron en comisión para que se aborde o plan que necesitamos.

Actualidares- ¿Cómo calificaríais la gestión del señor Iglesias con el colegio CPI conde de Fenosa? ¿Y con el centro de salud?

Emilio Mesias – O outro dia comentaba cós compañeiros da organización que estamos peor que cando foron as municipais, no 2011. Os mesmos temas que estaban enriba da mesa continúan agora. Esta semana pasada comezou o curso 2014-15, e aquela promesa da ampliación do Colexio sigue sin facerse ver. Unha fraude á cidadanía, que ten dous culpables, PSOE e PP. Igual que no Centro de Saúde, a Ares viñeron directores xerais, Conselleiros e demáis personalidades, tando do PSOE como do PP, con promesas que agora constatamos como fraude.

Non hai máis que tipear Centro de Saúde de Ares ou CPI Conde de Fenosa no “google” ou buscar nas hemerotecas dos xornais para darse conta da cantidade de veces que se ían facer as obras. Están a engañarnos constantemente e mentras siguen coa mesma estratexía; pasarse a pelota uns a outros, que si o Concello, 
que si a Xunta… Pola contra, dende o BNG non nos rendimos e estamos enriba de ámbo-los dous proxectos para que sexan unha realidade, por iso presentamos iniciativas no Concello e no Parlamento Galego constantemente e tratamos de que a veciñanza sexa consciente da necesidade destas instalacións. A recollida de sinaturas que realizamos nas portas do Centro de Saúde foi un éxito, e nós seguiremos para conseguir o obxectivo.

O Alcalde refírese de cando en vez ao recorte por parte do PP en educación e sanidade e é certo, o que pasa que non se dá conta que coa súa inoperatividade nestes temas, resulta un colaborador perfecto para as políticas do Partido Popular.

Actualidares – ¿Cómo sería Ares si estuviese gobernado por el BNG?

Emilio Mesias – O BNG vai gobernar cos pés no chan, con humildade e respecto e sin prepotencia, todo o contrario ao que acontece agora.

Actualidares – Unas líneas de cierre.

Emilio Mesias – Quero agradecer a Actualidares a oportunidade de dirixirme aos “facebuqueiros” mediante esta entrevista e quero trasladar tamén unha mensaxe nestes tempos convulsos: “A política non é mala, o malo son as prácticas políticas de quen ve nunha situación de “poder delegado” a oportunidade de sacar réditos persoais”. Nós estaremos batendo contra diso como sempre fixemos.

Saúdos.

Share Button