No día de hoxe tivo lugar a rolda de prensa-presentación do primeiro tramo da candidatura BNG-Asembleas Abertas que concurrirá nas municipais do vindeiro mes de Maio na vila aresá e na que repetiráEmilio Mesías Farías como candidato á alcaldía.

A proposta levada en xaneiro á Asemblea Local, e que foi aprobada por unanimidade, parte da grande renovación que xa se fixera hai agora catro anos e tenta complementala, pero mantendo tamén o núcleo fundamental: o actual grupo municipal. Así, neste tramo hai dúas novas incorporacións -Cristina Cadena e Manuel Bello- que no último caso corresponde a unha persoa moza non militante procedente das Asembleas Abertas; e no caso de Cristina a unha militante recén incorporada ao BNG e ubicada na parroquia de Caamouco.
Así, valórase importante ter abarcado todo o ámbito xeográfico municipal, combinando a continuidade coa renovación e, en definitiva, artellando un grupo compacto; que vai ser completado co tramo de candidatura que aínda queda por nomear.

Foi o pasado día 7 de Febreiro cando o Consello Nacional refrendaba definitivamente a proposta feita tamén polo Consello Comarcal.

O candidato mostrou públicamente o agradecemento pola confianza posta, por parte da militancia, -tanto en mín para encabezar novamente este proxecto, como no compañeiro Anxo- responsábel tamén do bo facer nestes catro anos como grupo da oposición no Concello de Ares. Persoa coa cal sintonicei dende o primeiro momento logrando que o GM do BNG fose, ante todo, un grupo compacto que logrou vencer ao PP nas labores de oposición a pesares de contar este có doble de membros no seu grupo”.

Sinalou ademáis que o “BNG no seu conxunto foi quen de analizar, denunciar e informar á veciñanza das malas políticas levadas a cabo polo Goberno do PSOE-NAL e que tiveron unha consecuencia desastrosa, que nos leva a un retraso importante na consecución dos proxectos máis importantes (PXOM, Centro de Saúde, Ampliación do CPI, Estrada Ares-Chanteiro, etc…) amáis de sumirnos no maior endebedamento da etapa democrática no Concello de Ares.

Encabezar a lista do BNG Asembleas Abertas, é tamén unha responsabilidade que asumo, como non podería ser doutra maneira, co convencimento de que estamos en disposición de Gobernar o Concello de Ares. Por iso o noso Programa vai ser “de Goberno” e os compañeiros e compañeiras que me acompañan, son tamén as persoas idóneas para levar a cabo esta encomenda.”

Acompañan a Mesías neste primeiro tramo:

De 5º.- Manuel Bello Bouza. A incorporación de Manuel Bello, é froito das asembleas abertas. Manuel participou xunto outra xente dos debates plantexados e demostrou ter os coñecementos necesarios que permiten a calquer veciñ@ que non está na primeira liña política, ter o Análise certo do que está a acontecer, non só no dia a dia en Ares, senón tamén nas políticas e nas realidades que existen no resto do pais e do estado español.

Logo de traballar durante varios anos no sector metalúrxico, e sofrir as consecuencias da desoladora realidade laboral na comarca, Manuel continúa ampliando a súa formación có propósito de incorporarse novamente ao mercado laboral.

4ª Silvia Fernández Paz, militante da Asemblea Local do BNG de Ares dende hai anos, e veciña de parroquia de Cervás, Silvia é unha profesional no campo dos Servizos Sociais, onde desenvolve a súa vida laboral. Repite novamente no primeiro tramo de candidatura.

3.- Cristina Cadena Freire. Catalana de orixe e veciña de Redes-Caamouco dende hai anos, Cris incorporouse recentemente ao BNG como militante logo de asistir ás Asembleas sobre o PXOM. Licenciada en Historia da Arte, Máster en Servizos Culturais e  Máster en Protocolo, é unha activista cultural que forma parte de varias asociacións anque é de destacar que é membro da Directiva da Agrupación Instrutiva de Caamouco. Cris asimilou e fixo seu o idioma e a cultura galega sendo unha incorporación moi importante para o equipo do BNG.

Repite de nº 2 o concelleiro e membro do Consello Local Anxo Fernández Permuy quen é tamén Pte. do Comité de Empresa de Masol Iberia, sumido novamente nun ERTE froito das decisións inxustas que pretenden minar o mercado laboral da nosa comarca e tamén do noso país.

Share Button