PSOE NAL negan unha auditoría das contas municipais

sin chichaUnha oportunidade perdida, unha máis. É o que trascende da posición de PSOE e NAL de deixar sobre da mesa a nosa petición, mediante unha moción, que solicitaba dirixirse ao Consello de Contas para que realizase unha Auditoría das contas municipais.

O pobre argumento do Alcalde na súa proposta para zanxar o tema, dá conta do interés que ten o goberno de correr un “tupido velo” á economía aresá.

“Veciños e veciñas; non sabemos a canto ascende a débeda, ou mellor dito; PSOE NAL non queren que saibamos a referida cifra en euros”.

Na liquidación do orzamento 2013 -cuxo remanente de tesourería ascendía a 1.400.000 €- o interventor advirte de que, “(…) Dada a elevada contía dos dereitos pendentes de cobro de orzamentos pechados (1.112.483,13 €.), recoméndase instruir o preceptivo expediente de anulación de dereitos recoñecidos en exercicios anteriores por prescrición, insolvencias ou outras causas” ademáis a dia de hoxe, temos vetado o acceso ás “Resolucións de gasto de Alcaldía” de todo o ano 2014, xunto coa negativa sistemática do Alcalde a posibilitarnos o acceso aos recibos da Telepeaxe, polo que presumiblemente o alcalde está a facer un uso fraudulento ao utilizalo de maneira particular, facendo que sexamos os vecinos e veciñas os que lle estamos pagando viaxes particulares, ademáis do elevado número de contratos de asesoría externa incluso en temas como o urbanismo e obras, onde os funcionarios do Concello deberían realizar ese traballo, resulta complicado de entender a quen presume?? de trasparencia e ética democrática.

Non é un problema menor o escurantismo e o veto ao que nos ten sometido para que non saibamos a realidade das contas municipais.

Por iso o noso berro para que se cumpla a “Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bó goberno”, un traxe que a todas luces lle queda grande á coalición PSOE-NAL

 

Share Button