O Parlamento Galego debate mañá unha proposta sobre o Centro de Saúde

  • Pedimos compromisos de datas e investimentos para o novo Centro de Saúde

cdsA Comisión de Sanidade do Parlamento Galego debaterá mañá xoves dia 16 -sobre as 10,30h- unha iniciativa (http://www.calameo.com/read/000693272be06305084f8) que o BNG presentara o pasado mes de Febreiro, na que se demanda concrección por parte da administración autonómica a respecto da falta de concrección de datas e investimentos para a execución do novo Centro de Saúde de Ares.Na iniciativa nacionalista lémbrase que a veciñanza de Ares leva desde o ano 2007 -no que se puxeran a disposición da Xunta os terreos para a nova instalación- agardando; con numerosas promesas incumpridas. A última fora en Setembro do 2013, no que representantes da Xunta e o propio Alcalde anunciaran a bombo e platillo que as obras comezarían no primeiro trimestre do 2014. E xa rebasamos o do 2015.

Oito anos de espera, nos que que chama tamén a atención a actitude contemplativa do grupo de goberno que, lonxe de exercer unha política reivindicativa e de presión para que se executen os compromisos por parte do goberno galego, permanece nunha posición de mutismo. Ou, o que é pior, facendo de cómplice neste proceso de engano masivo que a Xunta está a perpetrar coa cidadanía de Ares; moi ledo coa foto cos representantes da Xunta e logo desaparecido para criticar os incumprimentos.

Contrariamente, desde o BNG de Ares entendemos este asunto como unha das prioridades para a cidadanía de Ares; como o demostran as diversas iniciativas -tanto no Parlamento, como recollida de sinaturas, etc…- que levamos a cabo durante estes anos. Iniciativas que, caso de non confirmarse no debate do vindeiro xoves un compromiso con datas e investimentos concretos, retomaremos de novo para esixir o que nos negan: o dereito a unhas instalacións e prestacións sanitarias en condicións.

Share Button