Presentación da Candidatura en Ares

IMG-20150419-WA0001Onte domingo tivemos a presentación da Candidatura BNG-Asembleas Abertas de Ares, para as municipais de Maio.

Queremos agradecer a todos os homes mulleres e rapazada que enchíchedes a Alianza Aresá. Foi un acto emotivo e ademáis, comprometido. Compromiso de todos e cada un dos que formamos parte desta equipa para/con todos vos e vosoutras.

Queda algo máis dun mes para a cita electoral, pero temos os deberes feitos. Catro anos de traballo no Concello sendo a verdadeira oposición a políticas erradas, inxustas e insolidarias levadas a cabo polo goberno.

Nós estivemos ao lado de todas e todos vos. Informándovos e mobilizándovos polas causas xustas, contra dos incumplimentos nestes oito anos de goberno PSOE e -sobor de todo- dos últimos catro de PSOE-NAL.

A Estrada Ares-Chanteiro, a Ampliación do CPI Conde de Fenosa, o novo Centro de Saúde, a elaboración do PXOM… promesas incumplidas que nos sitúan nunha situación mala e que sumado ao intento de derrubar o Palco ou da nefasta xestión económica -co maior endebedamento de toda a etapa democrática- dan como resultado un balance negativo que é preciso corrixir canto antes.

Veciños e veciñas, urxe o cambio, urxe a mellora. Urxe o noso traballo.

Que Ares vaia ben a partir de Maio, que o noso concello presente unha melloría a partir de Maio, vai depender de quen está capacitado para levar a cabo as políticas acertadas para non desantender os temas capitais nin aos veciños e veciñas.

Porque o cambio depende de nós. De todos e todas vos.

Ánimo, forza e adiante!

Candidatura do BNG-Asembleas Abertas ARES. Municipais 2015.

1.- Emilio Mesías Farías 
(Portavoz do GM do BNG no concello de Ares. Profesor no Conservatorio de Danza de Lugo)

2.- Anxo Miguel Fernández Permuy
(Concelleiro do BNG. Foi presidente do CE de Masol Iberia Biofuel)

3.- Cristina Cadena Freire
(Lda. en Historia da Arte. Máster en Servizos Culturais e Máster en Protocolo. Directiva da A. I. de Caamouco)
4.- Silvia Fernández Paz
(Profisional dos servizos sociais)
5.- Manuel Bello Bouza
(Ex-traballador do sector metalúrxico, actualmente desempregado)
6.- Mª Antía Cernadas Feal
(Persoal laboral da Xunta e monitora de corte e confección)
7.- Pedro Dominguez Vilar
(Traballador de Navantia. Delegado Sindical)
8.- Alba Rodríguez Piñeiro
(Graduada en T. Social. Postgrao e Master na U. de Barcelona)
9.- Modesto Vázquez López
(Operador de Planta en Masol Iberia Biofuel. Delegado sindical)
10.- Alicia Mandía Abeal
(Esteticista)
11.- Francisco Cobelo Cepeda
(Enxeñeiro Téc. Electrónico. Máster en Enerxías Renovables-Investigador na USC)
12.- Carmen Brage Otero
(Traballadora e Presidenta do C. de Empresa de Ferroser)
13.- Xosé Andrés Pedre Rodríguez
(Membro da plataforma veciñal estrada Ares-Chanteiro)
SUPLENTES
1.-Xosefina Fernández Pérez
(Veciña de Lubre. Foi membro da Comisión de Festas)
2.-Miguel García Paz
(Traballador de servizo de augas en Fene. Directivo do CIRS Cervás)
3.-Ana Riveira Roca
(Forma parte do CL do BNG)
4.- Roberto Rivas Conejo
(Profesor de Madeira no IES Ferrolterra)

 

Share Button