Sin compromisos para o Centro de Saúde

A Xunta segue sen comprometer nen datas, nen investimento concreto para a execucións do novo centro de saúde.
 
A Administración estanos a enganar novamente como leva facendo dende hai dez anos, privándonos dunhas instalacións sanitarias en condicións.

Montse Prado, que en datas pasadas estivo con nós no Centro de Saúde para  recabar información sobre o tema acusou á  representante da Xunta de “levar perto dunha década enganando á cidadanía deAres, e privándolle dunhas instalacións sanitarias en condicións”.

A D. Xeral admitíu que xa se levaban feitos dous proxectos diferentes -no 2011 e no 2012- pero non foi quén de concretar as previsións para o comezo das obras e para a execución das mesmas; admitindo tamén que non existía un orzamento específico (que si había nos orzamentos da Xunta do 2013 e do 2014) para esta obra, limitándose a afirmar que ten previsto facer o novo Centro de Saúde.

Montse Prado lembrou que “desde o 2007 a Xunta ten disposición dos terreos para o novo proxecto, e durante ese período o único que se fixo foi anunciar reiteradamente unhas obras que nunca deron comezado”, aludindo á visita que responsábeis da Consellaría -acompañados polo alcalde de Ares– fixeran en Setebro ao actual C. de Saúde afirmando que as obras comezarían no primeiro trimestre do 2014.

Para nós é especialmente grave a pasividade e falta de acción firme por parte do goberno municipal na demanda desta infraestrutura, dado que nos dous mandatos do PSOE -que afora rematan-  foi incapaz de defender os intereses da veciñanza e situar como obxectivo prioritario a execución destas obras. Tan grave é, pois, a irresponsabilidade na “non execucion” das obras por acción, no caso da Xunta, como por omisión, no caso do concello.

A nosa organización fixo e fai deste tema unha prioridade, e por iso temos trasladado xa ao Parlamento unha Proposición non de Lei para que a Xunta se vexa obrigada -algo que no debate non fixo- a concretar, con datas e orzamentos concretos, o comezo dunhas obras ás que a veciñanza de Ares temos dereito; e polo que levamos a loitar hai máis dunha década.
Share Button