Indecencia política (novamente)

eschufaresAcaba o mandato 2011-15 da peor das maneiras posibles. No día de hoxe celebrouse un pleno extraordinario no cal o grupo de goberno do PSOE xunto coa inestimable axuda de NAL deixaron patente que a democracia quédalles grande.

Aprobar un documento da importante e da trascendencia dunha RPT (Relación de Postos de Traballo) a unha semana de que tome posesión a nova corporación e co actual pleno en funcións e co voto de calidade do Alcalde é unha indecencia política.

Facelo ademáis sin corrixir os reparos que suliña o Informe de Secretaría-Intervención resulta -cando menos- discutible sobre a súa legalidade, e abrir a brecha entre “laborais” e “funcionarios” entre “os contentos” e os “non tanto” pode resultar catastrófico na organización do traballo no día a día, co cal é doado de entender que os principais prexudicados imos ser todos e todas nós.

Foron moitas veces as que reclamamos unha solución e un cambio de política de contratación laboral, foron moitas veces as que denunciamos políticamente os procedementos a seguir, toda a xente sabe do poder que ten o dedo do Alcalde para colocar ás súas amizades.

O de hoxe é a consecuencia do anteriormente apuntado. É a puntilla, a oficialización da contratación da administración paralela creada nos anos de goberno do PSOE co apoio de NAL. O respaldo a unha “ditadura democrática” vestida por dereito.

 

Share Button