tabernas-almeria-L-fCgRJvÉ común, logo dos procesos electorais e antes da constitución dos plenos, oir falar dos pactos. Hai para todo-los gustos. Incluso hai políticos que dependendo da situación na que queda defendeos cando antes os atacaba (Feijoó ou o mesmo PP).

Para falar dos pactos, habería que partir dunha realidade; no noso país, os procesos electorais non son presidencialistas. O/A elector/a vota unha lista, unha opción, un partido. Dependendo do número de votos que teña, acadan máis ou menos representación. Logo fórmase o pleno co reparto de concelleiros/as ou deputados/as según establece a lei electoral.

Si non hai maioría absoluta, a metade máis un do pleno, éste -por votación- ten que elexir un alcalde/alcaldesa que vai ser o que teña que formar goberno. E aí é onde entran “os pactos”, xa que é a fórmula para garantir un goberno de maioría.

Mediante os pactos e alcanzanda esa maioría absoluta, consíguese que se reflexe a maioría popular expresada nas urnas. Cousa que é distinta á do tan cacarexado -polo PSOE e PP, cando lles convén- de que goberne a lista máis votada e non haxa -polo tanto- posibilidade de pactos.

Por que é distinta? Porque o feito de que unha forza sexa a máis votada, pero que non teña a maioría absoluta, algúns a defenden como que é o que maioritariamente quere o pobo, mais o realmente verdadeiro é o que maioritariamente non quere. Xa que o apoio ao resto das forzas que quedarían na oposición ten máis respaldo popular.

Dito esto viría o segundo chanzo; En que deben consistir os pactos?. Aí tamén hai que ir ao inicio.

Durante a campaña electoral, as distintas formacións fan público, explican e piden o voto para un programa de goberno, que son as medidas que se compromete a levar a cabo no caso de gobernar. É -ou debería ser- a razón de máis peso pola que o electorado elixe as distintas opcións, outras son tamén importantes como a credibilidade, o traballo realizado con anterioridade, etc.

Logo si non hai maioría absoluta, o pacto ten que basearse en elaborar un novo programa de goberno que as distintas formacións deben consensuar e comprometerse a levalo a cabo e a facelo público. Feito polo cal, eu sempre dixen que o pacto oculto entre o PSOE e NAL en Ares carecía de lexitimidade política, ademáis de ser unha falta de respecto e unha fraude á veciñanza xa que non se fan públicos os acordos e as contrapartidas entre ambas partes.

A realidade é que hai unha tendencia, dende hai moitos anos, a que as forzas -que se din- de esquerdas xúntense para evitar o goberno ao PP. Mais o problema non está só no PP, senón que está nas políticas que este leva a cabo, e cando estas mesmas políticas son levadas a cabo por outras forzas que se dín de esquerdas, deben ser igualmente combatidas.

Por iso, é moi importante que un disfraz “de PSOE” non impida ver a verdadeira política que realiza quens o portan.

As falsas fachadas, so dan resultado nos decorados das películas “de vaqueiros”. Cómpre polo tanto exixir que dentro do “saloon” haxa contidos e que se poidan abrir as portas.

 

Share Button
 

Comentarios pechados.