Comezan mal, continúan coma sempre

tres_en_rayaNun artigo anterior referíame ao desastroso remate de mandato do PSOE-NAL, aprobando unha modificación de crédito co pleno e goberno en funcións, sen incluir ademáis a información e finalidades concretas das partidas económicas. No mesmo pleno -tres días antes das eleccións- aprobouse da mesma tamén a Relación de Postos de Traballo, sin o consenso co persoal Funcionario.

Dita RTP, conta cun único fin; blindar moitas das prazas que o PSOE -coa connivencia de NAL- foi adxudicanto a dedo, incumplindo en moitos dos casos os principios de mérito, capacidade e publicidade como fai constar o secretario-interventor, non seus informes.

Unha das xustificacións do Sr. Alcalde durante o debate plenario, foi a urxencia e a necesidade de aprobar o documento. Agora debería explicar por que paralizou a súa publicación no BOP, cando imos a dous meses da súa aprobación.

Pero si no mandato anterior remataron mal, este non o podían comezar peor.

Novamente ocultación de documentación por parte do Alcalde, ao non permitir que chegase ás nosas mans un informe elaborado polo Secretario-Interventor -en contestación a unha petición nosa- ao respecto de si a composición de Grupo propio por parte de NAL e SON -cun concelleiro cada un- cumple ou non a lei galega ao respecto, e si cumple tamén o que dí o noso Regulamento Orgánico Municipal que no seu Título II. Art. 12, pto 2 dí: “Cada grupo político deberá ter alomenos dous concelleiros.”

Un regulemento co que casualmente o BNG mostraba discrepancia na aprobación -ano 2003- e que, tamén casualmente, o Portavoz de NAL -outrora portavoz do PP- defendeu e votou a favor. Esto ven ser algo así como “o cazador cazado”.

Nin que dicir ten que nós non estamos en contra de que SON e NAL formen cadanseu grupo propio, o que pedimos é o cumplimento da lei e do regulamento, como é lóxico. A día de hoxe aínda non sabemos si esto é así ou si debera ser como no caso de concellos veciños como Cabanas, onde forman “Grupo Mixto” (BNG, AEC, PDDdG) en Fene (EU) en Narón (EU-ENE) por citar algúns.

Caso distinto merece o concello de Valdoviño -un concelleiro pode formar grupo- debido a un acordo do ano 1979, ou sexa, radicalmente oposto ao que dí o noso Regulamento.

Pero non foi só este tema o único polémico no pleno de organización do Venres 10.

O sorprendente veu cando nos enteramos do “acordo” entre o PSOE, NAL e SON, -segundo dixo o alcalde no pleno-, para repartir a representación dos distintos grupos nas comisións informativas.

Un reparto que incumple claramente o que dia a lei ao respecto, xa que a representación de concelleiros de cada grupo nas Comisións Informativas debe ser “proporcional á representación no pleno”.

Desta maneira e co reparto acordado entre PSOE, NAL e SON, estes dous últimos grupos gañan casi catro puntos porcentuais, mentres que nós perdemos catro puntos. Ademáis de resultar moralmente inaceptable que o Alcalde se opuxese a rebaixar de 47 a 39 concelleiros como nós propoñiamos hai catro anos, “porque a democracia implica participación… e non se pode aforrar recortando participación…” e agora deseñe un organigrama con 26 membros!!.

(Recomendo encarecidamente a lectura da acta plenaria da organización de 2011. Só así poderedes ter unha idea da incoherencia do Sr. Alcalde http://www.concellodeares.com/archivos/plenos/Pleno_15-07-2011.pdf

 

 

Share Button