http://www.dreamstime.com/royalty-free-stock-photo-image38313975

Ares, 08 de Agosto de 2015. No pleno celebrado no día de onte no Concello de Ares, debatíase unha moción presentada polo BNG (*) para que o Concello solicitase unha auditoría/fiscalización das contas. O BNG xustifica esta petición debido ás malas cifras económicas que se teñen rexistradas nas arcas municipais nos últimos oito anos e que derivou na adhesión do concello ao plan de pago a proveedores do goberno español e nunha serie de medidas nas que o grupo de goberno do PSOE dirixe a carga deste préstamo sobre a veciñanza mediante unha brutal suba de impostos.

A moción non saíu adiante xa que o PSOE pedíu que quedase sobre da mesa para -desta maneira- non facer a petición de auditoría/fiscalización ao Consello de Contas. A proposta do PSOE contou co apoio de NAL e SON, que non quixeron participar do debate e tampouco xustificaron o motivo do seu voto.

O portavoz do BNG, Emilio Mesías, lamenta que “haxa formacións que se presentaron por primeira vez ás eleccións tentando abandeirar a transparencia das contas municipais e, pasados dous meses, incumpren reiteradamente o seu programa electoral” . Mesías opina que “estamos ante un claro exemplo de trasvestismo político. O peor, é que todo apunta a que esa posición política vai ser a cambio dunha contrapartida económica. Os que dicían que se presentaban para cambiar as cousas e melloralas resulta que aproveitan o cambio para que todo siga igual”, conclúe Mesías.

No pleno de onte tamén se dou conta do nomeamento de Luís Cendán (**) de NAL, como “concelleiro-delegado en materia urbanística para a elaboración do Plan”, o que lle reportará uns ingresos económicos como se fose membro do grupo de goberno, según apunta o portavoz do BNG. Esta medida é criticada polos nacionalistas e manifestan que “o plan de PSOE-NAL é un pacto encuberto para ter maioría no pleno e mentres a veciñanza continuamos sin recibir contestación ás seiscentas alegacións presentadas hai un ano. Nada nos explican sobre o proceso de elaboración do que para nós é o verdadeiro Plan e que non é outro que o Plan Xeral de Ordenación Municipal”.

Outro punto da orde do día eran as adicacións(***); dúas exclusivas de 43.325,95 €/ano para o alcalde, e 25.660,73 €/ano para a concelleira de Servizos Sociais e unha parcial, cun desempeño efectivo de 25 horas semanais, de 20.118,47 €/ano para a concelleira de Urbanismo. Neste punto o Alcalde non permitíu o debate, Mesías apunta que “estas cousas pasan nas dictaduras democráticas, algo ao que nos quere seguir acostumando o goberno municipal”.

O BNG cre que hai que revisar estas partidas e ser realista cos tempos que vivimos e recorda que o Alcalde de Ares é dos que máis cobran da provincia, por riba de Alcaldes como o da Coruña ou o de Ferrol que cobran 40.000 €/ano.

(*)13_2. moción auditoría bng

(**)08. DELEGACION ESPECIAL Luís Cendán

(***)09. resolucion 281-15 dedicacións exclusivas

Share Button