Autor: admin

Alba Rodríguez Piñeiro ( 20 anos, Ares, estudante de 3º curso na Escola Universitaria de Traballo Social, en Compostela ) é a persoa máis nova dentro da candidatura do BNG de Ares ás municipais. Representa, ao meu ver, un compromiso activo e participativo dunha xeración á que – a maioría das veces, dun xeito inxusto […]

Read more

Tino Seco Penedo ( 44 anos, Cervás, profesor de Educación Física no “Concepción Arenal” de Ferrol ) fai da súa profesión tamén un sistema de vida,onde a actividade física prima. A verdade, é que ás veces resúltame máis fácil atopar a este home “facendo millas” polos camiños do noso concello, que na súa casa. Pero […]

Read more

Andres Pedre Rodríguez ( 58 anos, Chanteiro, prexubilado da antiga ASTANO ) coñece como poucas persoas a nosa costa: as ribeiras, os camiños, as baixadas…..; e o mar que bate, cargado de riqueza. Avatares dunha ( forzada ) prexubilación como resultado do proceso da malchamada reconversión da antiga ASTANO, fixeron que dispoña de tempo para […]

Read more

Hoxe á noite comeza a Campaña. Temos quince días por diante para explicarvos, porta a porta, o noso Programa de Goberno. Un programa feito dende Ares e para Ares. Có coñecemento e a realidade do que temos. Non esperen atopar proxectos virtuais, obras faraónicas ou promesas imposibles. O noso-voso programa é o froito de reflexións […]

Read more

Venme á memoria as frases que pronunciei no acto de presentación da Candidatura o mes pasado. Eran frases para demostrarmonos que é posíbel traballar en equipo e acadar froitos a medio ou longo prazo. “…É posíbel. É necesario e ademais é altamente saudábel para o exercicio da política municipal en colaboración cós movementos asociativos…” pois […]

Read more