Videos de campaña do BNG-AA de Ares

“A pirámide de Maslow”, Anxo Fernández Permuy, nº 2 da Candidatura do BNG-AA.

Que Ares mellore depende de nós (video 3/4)

“A esperanza non se funda en razóns prudentes”, Emilio Mesías Farías. Candidato á Alcaldía BNG-AA.

Que Ares mellore depende de nós (video 2/4)

“Carpe Diem”, Cristina Cadena Freire nº 3 da Candidatura do BNG-AA.

Que Ares mellore depende de nós (video 1/4)

Débeda con Aquagest, chove sobre mollado

As actas das Xuntas de Goberno do pasado mes de Abril veñen de evidenciar – como xá tiña denunciado o BNG hai unha década – que a operación de baixada do prezo do recibo da auga levada a cabo polo goberno do PP no ano 2000 era totalmente fraudulenta por canto a aparente baixada do recibo que se producía nalgúns tramos habería de ter repercusións para o conxunto dos contribuíntes. Así é que, a día de hoxe, o concello ten asumida unha débeda coa empresa AQUAGEST para a compensación das cantidades que foron acumulándose por ese concepto entre os anos 2000 e 2012, que ascende a 434.185 euros.

Dáse a circunstancia que o proceso fora deseñado polo daquela concelleiro de facenda, Luis Cendán, que agora está a formar parte da “nova maioría municipal” conxuntamente co PSOE, e que tamén lle vén de dar o seu voto favorábel á suba das taxas e plan de axuste aprobado recentemente polo pleno do concello, que levou á institución municipal á solicitude dun crédito de 2,8 millóns de euros.

Ademáis, noutra Xunta de Goberno do concello deuse conta da existencia de outra débeda 394.486 euros coa mesma empresa – concesionaria da xestión do servizo de abastecimento e saneamento municipal – por varias certificacións de obra realizadas para o concello que, sumada á cantidade antedita, deixa unha débeda total da institución municipal por un total 828.672 euros.
Curiosamente, estas cantidades foron trasladadas á Xunta de Goberno do concello – que rexeitou o abono das mesmas – polo que agora ábrense moitas dúbidas a respecto da resolución desta importante débeda da institución municipal, que vén a engadirse á recoñecida no plan de axuste aprobado no seu día polo pleno – que levará á institución municipal a pagar 30.000 euros ao mes durante dez anos – supondo a prática hipoteca da institución municipal a curto e medio prazo.

Desde o BNG consideramos verdadeiramente indecente e escandaloso que mentras que ao conxunto da cidadanía se lle cobren relixiosamente – para esta ano, cunha enorme suba – os impostos de abastecimento e saneamento; mentras que se mantén unha desorbitada débeda coa empresa adxudicataria dos servizos.
Nese sentido , o BNG solicitará na vindeira Comisión de Facenda que por parte do goberno municipal se aclaren os pormenores desta situación e das razóns que motivan a débeda acumulada; reiterando a nosa rotunda oposición a unha política económica amparada nun escuro pacto entre o PSOE e o ex portavoz do PP, Luis Cendán, que ten agora que pagar o conxunto da cidadanía.

Acto Presentación da Candidatura

O sábado día 2 de Abril, fixemos a presentación pública da candidatura do BNG ás eleccións municipais do 22 de Maio de 2011.

Reunímonos neste Acto-Presentación con cea incluída, no Mesón “A Ría”. É unha gozada comprobar como facendo ben as cousas obtéñense resultados moi bós. Foi unha velada entre militantes, simpatizantes, colaboradores, veciños e veciñas desta paraxe de nome Ares. Un ambiente no que se respiraba moita ilusión, moita enerxía e moi forza.

Contamos tamén coa presenza do Deputado no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, que previamente visitou o Museo da Salazón, onde atendeu ás explicacións do seu propietario. Explicacións que lle resultaron moi familiares xa que Bieito é home de Mar, fillo de Mariñeiro e Mariscadora e persoa que coñece e defende, coma ninguén, o sector e a historia do noso mar, das nosas Rías e das súas posiblidades e peculiaridades.

Tamén nos acompañaron Quico Da Silva, reponsable comarcal do BNG e candidato á Alcaldía de As Pontes, Xoán Xosé Pita, candidato á Alcaldía de Ferrol e Juventino Trigo, candidato á Alcaldía de Fene.

Persoalmente síntome moi ledo de poder traballar con todos/as e cada un/ha dos integrantes da candidatura. Homes e mulleres, rapaces e rapazas que nos decidimos a dar o paso e traballar por e para Ares. Unha candidatura que é fiel reflexo da realidade do que temos en Ares: Xuventude, profesionais en distintos sectores e ocupacións, homes e mulleres cunha traxectoria de anos dentro da organización, militantes e non militantes, persoas cunha presenza destacada no ámbito das asociacións culturais…, xente con compromiso.
A Saber:
1.- Emilio Mesías Farías
2.- Anxo M. Fernández Permuy
3.- Silvia Fernández
4.- Ana Riveira Roca
5.- Dani García Fernández
6.- Tito Pazos Martínez
7.- Luísa Labrada
8.- Tonina Cernadas
9.- Roberto Rivas Conejo
10.- Carlos Rodríguez Souto
11.- Naty Fontenla
12.- Alba Rodríguez Piñeiro
13.- Manuel Ameneiros Muíños.

14.- Tino Seco Penedo
15.- Josefina Fernández
16.- Andrés Pedre.

Agradezo as palabras que me adicou Viqui Saavedra na presentación do acto, xornalista, veciña de Ares e secretaria de Xábrega, unha persoa formada, humilde e sensata. Unha grande amiga, tamén.

Na miña intervención adiantamos algúns dos puntos máis importantes do noso programa electoral e reflexionamos sobre a situación municipal actual e sobre a necesidade dun cambio de rumbo nas políticas a aplicar.

Hai catro anos houbo un cambio de alcalde. Nós estamos a traballar para que desta vez ademáis de cambio de alcalde, haxa un cambio de políticas. Ese é o noso obxectivo.

PD: Pido desculpas aos que vos quedástedes sen poder asistir ao acto por mor da falta de espazo. Estamos seguros de que comprededes que o aforo só permitía 100 comensais e outras 50 persoas que podían asistir de pé ás intervencións. Aos 47 que non puidéstedes estar presentes logo de comunicarnos a vosa pretensión, unha aperta. Aínda queda a Campaña. 😉