Visita ao Parlamento Galego para presenciar a interpelación do BNG sobre as medidas que se pretenden tomar tralo sinistro do Blue Star

No día de hoxe, o 1º Tenente de Alcalde de Cabanas, Iago Varela, o biólogo Joam Luís Ferreiro e máis eu desplazámonos ao Parlamento Galego para presenciar a interpelación do BNG sobre as medidas que se pretenden tomar tralo sinistro do Blue Star.

Montse Prado, deputada do BNG en materia pesqueira preguntóulle á Conselleira do ramo polo motivo da Xunta e da Consellería de Pesca de estar desaparecida en todo o proceso do Blue Star, asimesmo manifestou a súa preocupación pola consecuencia da prohibición de pescar e mariscar no entorno das Illas Mirandas, a zona con maior riqueza da contorna desde o punto de vista biolóxico e unha zona de especial traballo para as xentes do mar que nestas datas previas ao nadal soen facturar unha cantidade importante dos ingresos anuais.

A Conselleira pola súa parte, non comprometeu o seu apoio ao sector, co pretexto de que xa se verá cando acaben os traballos do Blue Star.

A “axenda galega” entrou no Congreso d@s deputad@s e Ares será protagonista nas primeiras iniciativas

Néstor Rego visitou a nosa vila por dúas veces na última quincena. Foi para interesarse polo sinistro do Blue Star e facer unha chamada á seguridade marítima, á defensa do medio ambiente e ao sector produtivo vinculado ao mar.

Néstor Rego tomaba posesión no día de onte no Congreso d@s Deputad@s, o único parlamentar que defenderá -desde a tribuna- os intereses da nosa Ría, co caso do Blue Star, con coñecemento de causa e coa memoria fresca do visto e do vivido tralo encallamento do buque, “un accidente que nos lembrou a indefensión das nosas costas”, asegurou Rego. 

É unha proba do que damos en chamar a “axenda galega”; patear o país, levar as iniciativas e mirar polo noso.

Parabéns Néstor Rego e moi boa singladura!
Medre o mar!!!

 

 " "     @ @   á  nas

Concentración de Nunca Máis polo Blue Star

Foto da concentración convocada pola Plataforma Nunca Máis o día 29 de Novembro para esixir información pública, transparente e exhaustiva sobre a xestión do accidente do #BlueStar, que segue encallado na costa do noso Concello desde fai unha semana e do que aínda non se extraíu o combustíbel.

Fronte a Incompetencia a dignidade dun pobo.

Nota de Prensa do BNG de Ares

  • O BNG ASEGURA QUE O ALCALDE DE ARES QUERE PASARLLE AGORA AO RESTO DOS GRUPOS, A DUBIDOSA XESTIÓN QUE SE ESTÁ A FACER CO “BLUE STAR”
  • NA PRIMEIRA REUNIÓN DE PORTAVOCES, PASADOS CINCO DÍAS DO ENCALLAMENTO, NEGOUSE A ASUMIR A NECESIDADE DE INFORMACIÒN E TRANSPARENCIA PREVIA SOBRE O ACCIDENTE

Canto tiñan pasados cinco días desde o encallamento do “Blue Star” na ría de Ares, o alcalde de Ares convocou unha reunión de portavoces, que se celebrou onte á noitiña. Logo dunha longa exposición -na que pouco máis aportou que o que xa dixera aos medios de comunicación- o BNG demandou maior claridade e transparencia sobre a situación; tanto para os membros da corporación como para o conxunto da cidadanía e, moi especialmente, para as xentes que viven do mar.

Lonxe de asumir as demandas -máis que lóxicas, por outra parte- feitas desde o BNG, o alcalde adicouse a insultar e denigrar ao portavoz municipal do BNG, sin deixar rematar a súa quenda expositiva para, a continuación, levantar a sesión sin que o portavoz do BNG rematese a súa intervención.

ó, ú:

1.- Resulta inexplicábel que a primeira autoridade municipal tardase 5 días en convocar á xunta de voceiros para explicar o acontecido, cando tiña información desde o primeiro día. Nese período de tempo asistimos, con certa estupefación, a reiteradas declaracións do alcalde nas que minimizaba a situación dicindo que non había perigo, xustificaba as actuacións levadas a cabo para, supostamente, remolcar o barco e sempre, curiosamente, facendo de altofalante dunhas autoridades responsábeis de salvamento marítimo que nunca apareceron por Ares para dar a cara.

2.- Sorprendentemente, cando xá é evidente que os traballos que se estaban a facer non deron resultado, o alcalde tenta cambiar o rexistro; pasando a falar de suposta desconsideración ao concello e mesmo tentando erixirse no adalide de reivindicacións. E aí é onde pretende agora que o resto dos grupos comulguemos con todo o acontecido cando nen fomos informados nen tampouco compartimos todo o que se leva feito neste proceso.

3.- Non nos sentimos representadas por un alcalde que, ademáis de demostrar mala educación e irresponsabilidade no seu cargo institucional, fica máis preocupado polo
seu nível de protagonismo que pola realidade do que estamos a vivir. Mágoa que logo do seu silenzo cómplice desque no 2014 se pubricase a Orde de Fomento que “oficializaba” a zona de libre fondeo na nosa ría – que representa un risco permanente- permaneza agora sorprendido polo acontecido.

En todo caso, sempre desde a responsabilidade, máis tamén desde a máxima transparencia, o á ó ó , í , á ó . .

CONSELLO LOCAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO. ARES

Desta foi!

Conseguímolo. Desta foi. A axenda galega cos temas de interés para a nosa terra e a nosa xente, entra no congreso de diputados.

Que o bng esté de novo en Madrid é moi bo para Galicia, e ademáis -quen nolo ía dicir- tamén resultou bo para o conxunto do estado español, porque a realidade natural da España actual, despréndese do conxunto de pobos e nacionalidades diversas, coas distintas linguas, culturas e identidades.

Os galegos e galegas decidimos que queremos estar no mapa político do estado actual e esto foi así grazas ao inxente traballo do BNG e á xenerosidade de persoas e organizacións que nos apoiaron: o bng é moito máis que unha formación ou unha ideoloxía, simboliza a representación xenuina da nosa terra, pensada para facérmonos un mundo mellor.

Vehículos contra parques

En datas pasadas deron comezo as obras para ubicar un aparcamento na finca da antiga Reitoral, unha decisión do goberno municipal que pon de manifesto a improvisación e a falta de planeamento con vocación de futuro, nun espazo onde o que menos pide son cemento e coches.

No pleno onde debatimos esta circunstancia, non se lle ocurreu ao Alcalde mellor maneira de defender súa decisión que criticar o urbanismo e a mobilidade deseñada en Pontevedra nas últimas décadas (con dúcias de premios nacionais e internacionais, por facer unha cidade máis segura e limpa e cunha mobilidade pensada para as persoas), para argumentar que os aparcamentos teñen que estar no centro, en contra da tendencia de moitos concellos -grandes e pequenos- de habilitar aparcamentos disuasorios nas aforas das cidades e das vilas e deixar o centro con zonas verdes para as persoas co obxecto de proporcionar un modo de vida máis tranquilo e saudable.

Deciamos que hai improvisación e falta de planeamento, porque é unha ocurrencia de última hora que nin siquera está recollido no PXOM, aínda sin aprobar. Deixando en evidencia a mentira repetida unha e mil veces polos membros do goberno municipal, ao respecto de que non se pode comezar coas obras previas á ampliación do CPI, previstas -estas si- no Plan Xeral.

Chega con ler a nota de prensa do Concello para darse conta da visión do goberno: A finalidade desta actuación está vinculada á adecuación do espazo público destinado ao estacionamento de vehículos dos visitantes e turistas que visitan Ares, co fin de reducir o impacto visual que producen, asi como a mellora e optimización das rúas de acceso e interiores da contorna da antiga Reitoral, ben catalogado por patrimonio”.

Non quixeramos rematar, sin dar outro dato tamén importante; a pesares da creación das novas prazas de aparcamento, imos dispoñer de arredor de medio centro de prazas de aparcamento menos das que dispoñíamos hai un par de anos, ao eliminarse as que estaban frente correos e as da Avenida de Mugardos, entre o antigo “Muíño” e “Fontelide”.

O BNG urxe a contratación do posto de pediatría no Centro de Saúde

* A praza de pediatría está vacante, desde que a anterior profesional obtivo un novo destino.

O Centro de Saúde de Ares, volve mostrar a cara da precariedade unha vez máis. Desta volta é o caso de Pediatría, praza compartida até o de agora con Mugardos, que deixa de ter titular ao incorporarse a anterior profesional ao seu novo destino.

Consideramos urxente cubrir a praza cun novo facultativo, polo que solicitamos á Consellería de Sanidade que dé solución a este novo estado de precariedade na atención á saúde, para dar servizo aos nenos e nenas de Ares.

Paso peoníl na estrada Ares- Redes

Emilio Mesías e Cristina Cadena, concelleir@s do BNG, comprobando “in situ” a necesidade da obra.

No pleno do mes de agosto, solicitamos  que o Concello de Ares inicie os trámites para a sinalización dun paso a peóns na estrada Ares- Redes (DP-401), á altura da urbanización “Mariña do Pombal”.

O tránsito peoníl nese punto é especialmente frecuentado en épocas estivais, para dirixirse ás praias.

É por iso, polo que consideramos necesario que se leve a cabo esta proposta, coa finalidade de garantir a seguridade dos e das viandantes.