Imagen relacionada

  Iniciativas, Mocións, Preguntas, etc…

 

  1. Moción da Auga: Debatida na sesión Plenaria de 07/08/2015.
    • Rechazada cos votos en contra de PSOE, NAL e SON.
  2. Moción auditoría Debatida na sesión Plenaria de 07/08/2015.
    • Rechazada cos votos en contra de PSOE, NAL e SON.
  3. Sobre homenaxes e recoñecementos: 24/07/2015. Instancia presentada para que o Goberno garanta a información e participación aos membros do pleno e da veciñanza nos casos de homenaxes e recoñecementos institucionais.
  4. Moción de Apoio ás persoas refuxiadas e migrantes en Europa: Debatida na sesión Plenaria de 19/09/2015.
  5. Moción Trasparencia Debatida na sesión Plenaria de 26/10/2015.
  6. Iniciativa sobre a Aprobación Inicial da RPT. Presentada en 15 de Decembro de 2016.
    • Rechazada.
  7. Moción pola vía de Urxencia para Designar Orzmentos da Deputación 2017 para segunda fase da estrada Ares-Chanteiro e para a Senda peoníl Ares-Redes. Debatida na sesión plenaria de Xullo 2016.
    • Rechazada cos votos en contra de PSOE, NAL e SON.
    • Non se permite o debate
  8. Moción pola vía de Urxencia Transparencia: Debatida na sesión plenaria de Setembro 2016.
    • Rechazada cos votos en contra de PSOE, NAL e SON.
    • Non se permite o debate
  9. Moción pola vía de urxencia para revocar o acordo de Xunta de Goberno sobre a contratación de Asesoría Xurídica: Debatida na sesión plenaria 30 Setembro 2016.
    • Rechazada a urxencia cos votos de PSOE, NAL e SON.
    • Non se permite o debate
  10. Moción Apoio Expreso á Plataforma Vitimas do Alvia; Debatida na S. plenaria 30 Setembro 2016.
    • Aprobada cos votos de BNG, PSOE, SON e NAL. Abstención do PP
  11. Moción de oposición á LOMCE e ás súas Reválidas: Sesión Plenaria 31 de Outubro 2016.
    • O PP solicita a retirada da moción, apoia NAL e o PSOE abstense. Vota en contra da retirada BNG e SON de Ares.
    • A moción non vai adiante.
  12. Moción Pensións traballadores do Mar: Sesión Plenaria 31 de Outubro 2016.
    • Apróbase por unanimidade (BNG, PSOE, PP, NAL e SON) tras aceptar a proposta de PP e NAL para retirar o pto. 4.
  13. Petición Ampliación prazo Contratación Laboral temporal dun/ha auxiliar administrativo a tempo completo para os servizos de intervención-tesourería. 4 Novembro 2016.
    • O Goberno Municipal non contesta, non se atende a petición
  14. Impugnación bases Contratación Laboral temporal dun/ha auxiliar administrativo a tempo completo para os servizos de intervención- tesourería. 7 de Novembro 2016
    • O Goberno Municipal non contesta, non se atende a impugnación
  15. Pregunta ao respecto dos gastos do Barco Turístico. Presentado o 17 de Novembro de 2016
    • Resposta en Comisión de Turismo o 22 deNovembro: O goberno dá contas dos gastos e ingresos deste ano. Non contesta ao que se leva gastado dende que o Concello é propietario e tampouco dá datos sobre a empresa que o xestiona.
  16. Moción sobre procesos de Contratación no Concello de Ares. Para debatir no Pleno de Novembro
  17. Moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do estatuto do feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica. Sesión Plenaria de 28 de Novembro de 2016.
    • O Alcalde pide que retiremos a moción. Non aceptamos. Solicita que quede sobre a mesa. Non aceptamos. Consideramos que é un tema sinxelo; ou se está a favor, ou en contra, ou se presenta outra alternativa. Pero non podemos aceptar que os grupos non se manifesten ou non traian propostas neste tema.PSOE, NAL, SON e PP, votan por non acepta a moción presentada. A moción non vai adiante.
  18. Petición de informes sectoriais do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Presentado o 2 de Decembro de 2016.
    • Non se dá acceso
  19. Iniciativa para trasladar á Confraría de Pescadores de Ares. 7 de Decembro de 2016. Iniciativa para a elaboración dun Plan de Marisqueo como dinamizador de emprego.
  20. Moción sobre a transferencia da Autoestrada AP-9: Presentado 16 de Decembro de 2016.
    • Apróbase cos votos favorables de BNG, PSOE, NAL e SON de ARES e coa Abstención do PP.
  21. Moción sobre a creación dunha Ordenanza para unha Taxa sobre eléctricas e varios. Debatido Pleno de 30 de Xaneiro 2017
    • Apróbase por unanimidade aceptando a proposta do PSOE de incluir tamén ás antenas de telefonía móbil.
  22. Moción de Apoio ao Comercio Local . Debatido Pleno de 30 de Xaneiro 2017
    • O Goberno Municipal evita apoiar a moción por non estar dacordo cos puntos. Para non posicionarse en contra fai a proposta de que se estudie nunha comisión de Industria.
    • Resultado: A favor da enmenda do PSOE: PSOE, NAL e SON de Ares, en Contra: PP; Abstención: BNG
    • A Moción de Apoio ao Comercio Local non vai adiante.
  23. Iniciativa de Obras POS-2017 da Deputación. Proposta do BNG para obras do Plan da Deputación no Concello de Ares ao que lle corresponde a cantidade de 426.638,71 €
Share Button
 

Comentarios pechados.