A CAMPAÑA ESTÁ AQUI
Maio 11, 2007 8:14 am Sen clasificarDende as oo:oo h. de hoxe deu comezo a campaña electoral para as eleccións municipais. Nelas o BNG espera que o voso voto decida que Bueu avance, que se enganche no vagón dos Concellos de primeira categoría e que poidamos presumir de vila de aquí aos vindeiros catro anos. Para iso o BNG ofrece un programa ambicioso e realista que podedes consultar aquí mesmo e que tamén podedes solicitar en formato impreso.
Non me queda máis que convidaros aos diferentes mitíns que realizaremos por tódalas parroquias de Bueu e que aparecen aquí relacionados na categoría de eventos.
BUEU PENSADO PARA TI.
Vota Félix Juncal!!!
