O BNG supera os votos das anteriores xerais
Abril 18, 2008 9:41 am Sen clasificarO BNG de Bueu superou en 106 votos os seus últimos resultados nas pasadas eleccións xerais dos 9-M. Unha valoración positiva tendo en conta a forte campaña bipartidista que se tentou levar a cabo dende os dous grandes partidos estatais, que tentaban visualizar que o voto tiña que ser o para un ou contra o outro. Unha suba de 1,51%, a máis alta para o BNG en toda a comarca do Morrazo. Con estes resultados conseguironse manter os dous deputados no parlamento español, polo que Galiza volvera a ter como garantia de compromiso de país ao BNG na política que se leva a cabo dende o goberno do Estado.
Agora pasadas estas eleccións hai que pensar xa no horizonte das autonómicas para conquerir máis peso dentro do goberno da Xunta, evitando a toda costa que volva caer en mans da dereita, e non permitindo ao mesmo tempo que o PSdG-PSOE non se leve o redito da xestión de goberno grazas en parte ao bo traballo do Bng nas consellerias que ostenta.
Non cabe dúbida que para Bueu será de vital importancia que o BNG repita no goberno da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas.
