Acto en favor da lingua en Bueu

11:54 am Eventos
11 Maio 2008
12:30 pmto2:00 pm

O BNG do Morrazo vai realizar este domingo once de maio a partires das 12:30 da mañá un acto público en favor da lingua galega no Centro Social do Mar de Bueu. O acto estará presentado polo responsabel comarcal Uxío Piñeiro e contará coas intervencións de Tareixa Novo, delegada provincial en A Coruña da Consellería da Igualdade e do Benestar, e de Bieito Lobeira, portavoz de lingua do BNG no parlamento galego.

Con este acto preténdese reflectir a importancia que para o BNG ten a lingua, que terá o seu colofón co apoio e participación na gran manifestación que ten convocada A Mesa pola Normalización Lingüística para o vindeiro domingo 18 de maio en Compostela. Baixo o lema Polo dereito a vivirmos en galego”,

búscase reforzar a nosa lingua ante os ataques de sectores afíns ao PP que falan dun “suposto” intento de imposición do galego, non atendendo á realidade sociolingüística que se está a dar no país, apoiados nunha escasa interese da secretaría xeral de política lingüística en mans do PSOE de promocionar como se merece ao galego.

No acto ademais de expoñerse as labores a prol do idioma desenvolvidas polas consellarías nacionalistas – como son o caso das galescolas con Vicepresidencia ou outras iniciativas coma o selo galego de comercio por parte de Innovación e Industria ou dende Medio Rural, Vivenda e Solo e en Cultura e deportes- preténdese mostrar as dificultades que ten o galego para ser unha lingua normalizada na que nos poidamos expresar os galegos e as galegas. Porén dende as bonecas que non falan na nosa lingua, ata o último conflicto entre TVG e a distribuídora dos debuxos de Bola de Dragón que non permiten que saia a última tempada en galego-algo que non pasa por exemplo co catalán ou o castelán- fannos ver que non temos unha lingua normalizada.

Tamén cabe convidar a tódolos galegos e galegas á manifestación que se vai levar a cabo o vindeiro domingo en Compostela para a cal o BNG comarcal poñerá un autobús para o que se poden reservar prazas no teléfono 986302655 ou mesmo por medio desta bitacora.



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.