27 Outubro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Carlos Aymerich asegura que as axudas do estado ás entidades bancarias son “transfusións a un enfermo ao que non se lle corrixe a hemorraxia”
Santiago de Compostela, 23 Outubro 08.- O portavoz de Economía do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich cualificou esta mañá na súa intervención na comparecencia do Conselleiro de Economía para expor os orzamentos galegos que se trata dunhas cifras “realistas, ambiciosos e úteis”.
Leer o resto …
27 Outubro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O presidente da Xunta responde a Carlos Aymerich que éste é “un obxectivo irrenunciábel do goberno galego”
Santiago de Compostela, 21 Outubro 08.- O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich urxíu esta mañá na súa intervención no pleno do Parlamento á creación dun ente ferroviario galego e dun servizo de cercanías propio. Leer o resto …
18 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O BNG de Bueu superou en 106 votos os seus últimos resultados nas pasadas eleccións xerais dos 9-M. Unha valoración positiva tendo en conta a forte campaña bipartidista que se tentou levar a cabo dende os dous grandes partidos estatais, que tentaban visualizar que o voto tiña que ser o para un ou contra o outro. Unha suba de 1,51%, a máis alta para o BNG en toda a comarca do Morrazo. Con estes resultados conseguironse manter os dous deputados no parlamento español, polo que Galiza volvera a ter como garantia de compromiso de país ao BNG na política que se leva a cabo dende o goberno do Estado.
Agora pasadas estas eleccións hai que pensar xa no horizonte das autonómicas para conquerir máis peso dentro do goberno da Xunta, evitando a toda costa que volva caer en mans da dereita, e non permitindo ao mesmo tempo que o PSdG-PSOE non se leve o redito da xestión de goberno grazas en parte ao bo traballo do Bng nas consellerias que ostenta.
Non cabe dúbida que para Bueu será de vital importancia que o BNG repita no goberno da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas.
26 Febreiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Davila asegura que “con gobernos sen maiorías absolutas, o papel dos nacionalistas será decisivo”
Bueu, 24 Febreiro 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegurou hoxe nun mitin en Bueu que o nacionalismo galego ofrece o seu “compromiso para, desde a nosa forza en Madrid, solucionar o problema do Salvamento Marítimo porque, non ten sentido que estando o mar aquí se siga xestionan a 1.000 quilómetros de distancia”.
“É de Xustiza que Galiza teña as competencias para defender mellor as nosas costas. O mar está aquí”Lembrou que Núñez Feijóo aínda insistíu onte na idea dunha axencia de Salvamento Marítimo estatal, polo que Quintana argumentou o “sinsentido” desta proposta e afirmou que “é de xustiza que Galiza teña as competencias para defender mellor as nosas costas. O mar está aqui”, continuou, “e que din o Partido Popular e o Partido Socialista: Madrid, Madrid, Madrid, mentres que o BNG di Galiza, Galiza, Galiza”.
Quintana conversa con Davila e Clara Millán, alcaldesa de Cangas
Se somos decisivos, tal e como destacou Quintana, “Salvamento Marítimo será competencia galega”, ao tempo que aclarou que “é algo que di a maioría da sociedade galega” e aludíu ao aniversario da mobilización masiva de galegos e galegas en Madrid reclamandon esta competencia e “para pór en valor o noso orgullo de sermos galegos e a nosa dignidade como pobo”.
“Nin daquela nin agora rendimos pleitesía ao PP nin ao PSOE. Pensamos en Galiza” e apuntou que “agora o que toca é Galiza, o orgullo de sermos galegos e actuar coma tales”.
Debater por principios democráticos
Quintana aludíu na súa intervención ao debate que se celebrará na TVG o vindeiro día 27 e asegurou que “a política é algo máis que xogo electoralista, debe ser un exercicio de principios, valores e ideas”, polo que defendeu a necesidade de “debater, porque non todo é igual, para o BNG non todo vale”.
Nesta liña, o portavoz nacional lanzou unha mensaxe clara: “o BNG vai ir, coma sempre foi, sen condicións. Non imos por cálculo eleitoral, senón por principios democráticos, por compromiso”.
“Éme igual o tempo, onde sexa, se é directo ou diferido, iso que o decidan eles. Nós imos sen condicións, sen desculpas”, asegurou o portavoz nacional. Sobre este mesmo ponto, o líder do Bloque asegurou que “a xente quere vernos debater. Que imos ver?, imos ver coma papanatas como debaten Zapatero e Rajoy? A xente quer oir falar dos problemas de Galiza”.
Voto emigrante
Entre estes problemas, o líder do Bloque destacou o “escándalo antidemocrático que supón o voto emigrante que, segundo afirmou, sería imposíbel de soster en calquer país democrático do mundo porque, onde se víu que a xente votara en sacas, como na época de Romanones?”
A solución a esta situación “é ben fácil”, explicou Quintana, e consiste en aplicar a fórmula proposta polo BNG, reforma da lei con tres elementos centrais, definir en que elecións se vota, depurar o censo e regular as campañas.
Anxo Quintana ironizou coas afirmacións dun dirixente socialista nos últimos días que aseguraba non entender como podía votarse en urna, “pode entendelo calquera, é ben sinxelo, métese o voto nunha caixiña cun burato”, replicou o líder do BNG.
“Si o BNG é decisivo en Madrid, rematará o escándalo do voto emigrante”“Se o BNG é decisivo en Madrid, quen goberne terá como condición rematar con este escándalo” e asegurou que, “pola súa actitude en cuestións coma esta nin PP nin PSOE merecen o apoio dos galegos e galegas, Galiza si o merece”.
Decisión e influencia nas políticas estatais
A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, animou a votar ao BNG para que Galiza teña “decisión e influencia nas políticas do Goberno central, para que sempre sexa visíbel e conte nas leis e medidas que se levan ás Cortes, para que o noso pais non fique illado das decisións importantes que afectan á cidadanía”.
“É importante, subliñou, sumamente importante que teñades en conta que só o BNG pode lograr ese obxectivo, só os nacionalistas galegos podemos conseguir que o noso pais acade un maior peso no Estado, só o BNG pode facer que Galiza se sitúe no mesmo nivel de influencia de Catalunya ou Euskadi”, enfatizou. Por iso, indicou, “pídovos o voto para a única forza política que ten capacidade para transformar o pais, somos unha organización transformadora e alternativa que miramos para os intereses de Galiza e de paso traballamos pola mellora dos dereitos de toda a cidadanía porque as nosas propostas, as nosas ideas, as nosas medidas son de avanzo social, de progreso, con moita énfase no social e no público”.
Subliñou “as bondades que derivan de Gobernos sen maiorías absolutas. Mirade para esta pasada lexislatura, na que un Goberno sen maioría absoluta tivo que contar cos nacionalistas, estivo condicionado. E cal é o resultado? Un mandato no que se aprobaron e decidiron moitas leis de calado social, no que o BNG participou e conseguiu incorporar melloras de importanza. E tamén parou e reduciu en moitos casos a flagrante vulneración de competencias que este Goberno sempre practicaba de entrada. Porque non vos levedes a engano. Este Goberno presentou moitos proxectos de lei, como a Lei de Dependencia, a Lei de Desenvolvemento Rural, a LOE, entre outros, que na súa orixe invadían competencias das CC.AA. Os nacionalistas tivemos que rebaixarlle o ton en moitas situacións”.
4 Febreiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
ÍNDICE DAS INICIATIVAS DO BNG APROBADAS NO CONGRESO NA LEXISLATURA 2004-2008.
1.- MOCIÓNS:
- Ferrol: Plano Industrial para o Grupo Izar. Aprobada o 29/09/2004 (Paco Rodríguez). Leer o resto …
4 Febreiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
PROXECTOS DE LEI CON MELLORAS APORTADAS POLO BNG:
- Proxecto de lei de garantías e uso racional dos medicamentos. Aportación do BNG: propostas que contribúen a unha maior claridade no relativo á custodia, conservación e dispensación de medicamentos. Estenden o alfabeto braille para o fácil acceso das persoas cegas aos fármacos, e tamén o uso do galego e outras linguas cooficiais na impresión das receitas. Salientan o conxunto de emendas no ámbito do recoñecemento do papel das CC.AA: importante a presenza das autonomías no Consello Reitor da Axencia Española do Medicamento, na obriga do Ministerio de Sanidade de comunicar ás CC.AA as resolucións acordadas en cada reunión do Consello Interterritorial sobre os prezos dos fármacos. Leer o resto …
4 Febreiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Un BNG con máis forza en Madrid será clave para a inversión do estado en Bueu
Paco Rodríguez e Felix Juncal manterán unha charla-coloquio na vila o vindeiro xoves
Demostrar que o voto do BNG foi e será o voto útil para Galiza e para Bueu nas eleccións xerais. Este é o obxectivo que se marca a organización nacionalista de cara a transladar o que foi o seu traballo nas Cortes do Estado na última lexislatura. Para iso aproveitará os diferentes actos de precampaña no Morrazo para dar conta da actividade levada a cabo polos seus dous representantes, Olaia Fernández Dávila, que repetirá como cabeza de cartel por Pontevedra, e Francisco Rodríguez Sánchez. Leer o resto …
21 Xuño, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Dende o BNG queremos que todos e todas vós sexades partícipes da normalización e despegue de Bueu. Para iso queremos contar con todas e todos, para realizar políticas que atendas as necesidades reais da xente, para dar pasos que convirtan a Bueu nun referente a nivel galego. Queremos que o pobo de Bueu dea un paso adiante, e para iso podes participar con nós. Se queres colaborar, recibir información ou convertirte en afiliado ou simpatizante do BNG non tes máis que poñerte en contacto con nós mediante a sección TI FALAS!
Esperando a vosa colaboración recibide unha aperta nacionalista.