ASI SON EU
Aquí comeza unha nova andaina para o BNG na que queremos que todos e todas sexades participes por medio desta experiencia dixital que esperemos sexa do voso agrado. E para iso vos vou dar un pequeno repaso da miña vida pois creo que é de recibo que sepades algo máis da persoa que vos espera gobernar nos vindeiros catro anos.
Nado en Bueu, o 12 de xuño de 1968. Estou casado con Silvia, e teño dous fillos: Antía e Alexandre. Os meus pais, Emilio e Carmen, foron e son o principal referente na miña vida.
Do meu pai aprendín, sobre todo, a preocupación polo público, polo de todos, cicais influenciado polo período de tempo que pasou na emigración, primeiro no Brasil e despois traballando en Francia.
A miña nai, unha traballadora incansable, ten unha forza de vontade inquebrantable. Sempre soubo sair adiante grazas ao seu sacrificio sin límites. Aínda hoxe, con setenta e oito anos, e mantén unha forza interior enorme.
Cursei estudos de bacharelato no Instituto Salvador Moreno de Marín e, posteriormente, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
A miña adicación á política venme de novo, xa nos anos de estudante, onde coñezo a sensibilidade nacionalista que agora con orgullo defendo alá onde vou. Entro en política de institución con 26 anos, todo un reto para un mozo coma mín que recibiu con agrado a invitación que me cursou o meu mentor na política , Pepe Novas. Máis lonxe de entrar con medos entrei con valentia. Unha valentia que aínda conservo e que non hai que confundir con arrogancia.
Concellal na lexislatura 95-99 dentro do goberno, na oposición ata o 2001 tiven a posibilidade de ser alcalde de todos e todas vos durante un ano ata a moción de censura. Agora volvo a presentarme con máis folgos ca nunca e con ganas de ser participe do crecemento de Bueu.
Pero como aquí espero darme máis a coñecer personalmente, vouvos dar algún dato máis sobre a miña vida privada. As miñas afecións principias son a famillia, a letura, a música, desfrutar do medio natural e o deporte –unha partida de subastado en boa compaña é sempre unha actividade que me rememora aos tempos de deportista competitivo-. Agora máis que competir desfruto do remo como actividade primordial que xa practiquei durante os anos mozos e co que sigo en contacto sendo diretivo do Clube do Mar Bueu.
Espero que esta información vos servise para coñecerme mellor, algo ao que sempre estou aberto pois me considero unha persoa afable e dialogante, algo que como sempre me dixeron na casa é o máis importante.
