O QUE OPINAMOS

DICTADURA NACIONALISTA?

Debo recoñecer que son un adicto aos debates e tertulias tanto televisivas coma radiofónicas- pero que se lle vai facer será defecto profesional-. Se nas tertulias a maior parte das veces se ofrece moita información dende diversos puntos de vista que enriquece ao ointe-espectador, nos debates débese ter case que unha actitude militante, pois moitas veces os argumentos que aí se dan poden atacar incluso a lóxica do propio debatinte. Isto ven dado porque no debate o que se trata e de contrapoñer ideas, que non sempre se dan entre as diferentes formacións políticas. Por iso cando en programas como Hai debate! da TVG ou 59” en TVE se escoitan cuestións que escapan a calquera lóxica democrática por parte –e non quero excusar a clase política pois é parte do seu xogo- dos xornalistas un non debe escandalizarse en exceso –ou si?-. Uns comunicadores que curiosamente “case” –este termo podería suprimirse- sempre son de grupos de comunicación de tendencia conservadora e de dereitas. E que conste que tal como dixen ao comezo, falo dende o seguimento que fago deste tipo de programas por se alguén me quere chamar tendencioso. E por toda esta dinámica pola que moitas veces ao apagar o televisor ou a radio desconectas e case que te esqueces de calquera argumento por absurdo que che parecera. Mais hai un caso que lonxe de facerme desconectar ao deixar de ser espectador-receptor, case que me corroe por certo e espero que salga unha vez que escribo estas liñas. Vou poñervos aos lectores en situación: debate no televisivo 59” . A polémica comeza cunha afirmación de Miguel Angel Rodríguez – do que por certo conseguin o seu curriculo nese fenómeno da rede como é a wikipedia -, ex-portavoz do goberno con José María Aznar tanto en Castela-León como na Moncloa, directivo da FAES , e tertuliano –como non- da COPE. O tema que se trataba era a relación de forzas políticas nas Cortes, destacando –o que me pareceu ata de mal gusto- a propia presentadora en palabras súas “a excesiva presencia dos partidos nacionalistas” –habería que dicirlle se o PP non é un partido nacionalista español- Neste momento o señor Rodríguez nin corto nin perezoso, e vendo a quen tiña ao lado –Antón Losada, ex secretario de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta- falou da dictadura que supuñan os partidos nacionalistas, e nomeadamente o BNG, pois ao seu entender condicionaba a tódolos españois. A isto respondeu Antón Losada dicindo que como era posible que unha persoa que tivo responsabilidades políticas na época de Aznar gobernando co apoio do PNV e CiU podia afirmar tal cousa, xa non só por incongruente senón por antidemocrático. O señor Rodríguez non só non retificou senón que seguiu erre que erre co seu argumento, tachando ao BNG pouco menos que de aproveitados, pois entendia que os acordos aos que chegara o BNG co PSOE non eran senón unha chantaxe. Losada insistiu no proceso de negociación como algo sano para a democracia mais Rodríguez seguiu nos seus trece, deixando ao descuberto o seu carácter de non aceptación do xogo democrático.

Todo isto faime reflexionar sobre a importancia que vai ter que o BNG consiga ter máis forza en Madrid tralas vindeiras eleccións xerais, para que xente como esta reciba a medicina da democracia para a súa enfermidade dictatorial, e para que a fin de contas, a que gañe sexa Galiza.

 



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.