AS 40 PROPOSTAS DO BNG DE OLEIROS QUE A COALICIÓN ALTERNATIVA DOS VECIÑOS, PP, E PSOE REXEITARON NOS ORZAMENTOS
21 Abril, 2008 Sen clasificar Non hai comentarios
Reproducimos as 40 propostas que o BNG fixo para incluír nos Orzamentos 08 con cargo á partida do auditorio. Non foron incluídas. Xulguen, comparen e tiren conclusións sobre quen defende unicamente os intereses dos veciños e veciñas de Oleiros: 1. Pista de skate, que constatamos que é moi demandada entre a mocidade.2. Cubrición pista polideportiva IESP Xosé Neira Vilas, pois é o único instituto sen pista cuberta.
3. Apertura, dotación e mantemento da Oficina de Información Turística no Castelo de Santa Cruz.
4. Oficina de Información Turística nos meses de verán en Santa Cristina, co persoal necesario.
5. Restauración e ampliación do Museo dos Oleiros. Está avellentado e ten pouco espazo.
6. Restauración da antiga Casa da Xuventude en Santa Cristina. Encóntrase bastante deteriorada e sen uso despois de marchar Protección Civil.
7. Arranxo das oficinas dos grupos municipais no edificio traseiro da Casa do Concello. O edificio anexo ao Concello só ten amañado o local da radio. O resto non se corresponde coa imaxe do resto de edificios públicos da capital municipal.
8. Instalación dun elevador na Casa Charry de Oleiros. A falta do mesmo impide o dereito de todos os cidadáns a asistiren aos plenos.
9. Creación de locais de ensaio para grupos de música. Locais adaptados (insonorización e ligazóns para o material técnico). Os instrumentos xa foron enviados pola Dirección Xeral de Xuventude hai dous anos.
10. Compra de emisora móbil en Radio Oleiros para se posibilitar a retransmisión de actividades e actos en directo. Agora mesmo só se fai cos plenos por falta de medios técnicos.
11. Instalación de parques de saúde en áreas públicas como parques, paseos marítimos, etc. Facilitan o acceso universal á actividade física por parte dos cidadáns mediante aparellos ximnásticos anti-vandalismo.
12. Reparación da polideportiva do CEIP “A Rabadeira”. É a polideportiva máis antiga do concello. Precisa dunha grande reforma para ser adaptada aos requisitos actuais a nível deportivo, e precisa de se converter nun espazo polideportivo moderno.
13. Terreo de
14. Adaptación dun local para náutico de banco móbil na zona da ría do Burgo.
15. Recuperación dos festivais Revela!, Nova Factory e Cabaré.
16. Mellora da iluminación nos núcleos urbanos substituíndo aqueles puntos que xeran contaminación lumínica.
17. Plano de estudo dos viais municipais para a súa mellora.
18. Plano de revisión de instalacións públicas para a súa mellora:- Casas do Pobo, pavillóns, pistas descubertas, escolas, parques, marquesiñas, mobiliario urbano en xeral, etc.- Redacción por parte do Departamento de Deportes do Plano Director de Infraestruturas Deportivas.
19. Revisión das taxas municipais da auga no prezo mínimo para premiar quen menos consome.
20. Disposición de terreos para construción de vivendas protexidas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
21. Terreo para a creación dun aparcamento de autocaravanas.
22. Terreo para a instalación dun albergue público municipal.
23. Inmóbeis para situar os locais de ensaio.
24. Terreos para a construción de dúas galescolas en Nós e Dorneda.
25. Inmóbel para a creación dun centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade, da rede pública da Xunta “Quérote”.
26. Terreo ou inmóbel para se situar unha futura Escola Municipal de Idiomas.
27. Terreo ou inmóbel para adxudicar unha futura Escola Municipal de Artes.
28. Creación da Oficina da Muller.
29. Vivendas tuteladas para vítimas de acoso ou/e maltrato.
30. Traspaso das escolas infantís municipais á rede galega de galescolas.
31. Mellora dos equipamentos informáticos e tecnolóxicos do Concello. Creación da sinatura dixital, rede de videoconferencia, e retransmisión de plenos e actos públicos pola rede, así como outros actos diversos de interese público, e posibilidade de seren realizadas operacións de rexistro a través da rede. No plano da dotación de persoal necesario para os diferentes departamentos, propomos unha contratación mínima destinada a seren corrixidos e mellorados os servizos existentes: 32. Director/a cualificado/a para o Museo dos Oleiros. Nível: Licenciado/a en Historia da Arte, Humanidades ou similar.33. Técnico/a de Turismo. Nível: Diplomado/a na Escola Superior de Turismo.
34. Técnico/a de Xuventude. Nível: Licenciado/a en Socioloxía, Psicopedagoxía ou similar.
35. Monitor/a de deportes. Nível: Licenciado/a no INEF.
36. Xornalista para Radio Oleiros. Nível: Licenciado en Xornalismo.
37. Responsábel da Oficina da Muller. Nível: Licenciada en psicopedagoxía ou equivalente. Nota: debe contratarse unha muller para este servizo.
38. Dúas persoas para a Concellaría de Turismo, de apoio ao persoal técnico. Nível: estudos de FP na especialidade de Turismo ou similares.
39. Dous axentes para policías ambientais.
40. Maior dotación de persoal laboral cualificado para corrixir as carencias existentes na nave de servizos municipais.





