Fina Quintáns, Portavoz Municipal do BNG de Oleiros » Blog Archive » O acondicionamento con novas obras e dotación de herba sintética do Campo do Condús, logro do BNG na Concellaría de Deportes na anterior lexislatura, inaugúrase este sábado

O acondicionamento con novas obras e dotación de herba sintética do Campo do Condús, logro do BNG na Concellaría de Deportes na anterior lexislatura, inaugúrase este sábado

12:53 pm Sen clasificar

O primeiro campo de fútbol de herba sintética do Condús (Eugenio Pardo Conchado) foi xestionado e propiciado polo BNG cando ocupaba a responsabilidade de Deportes no Concello de Oleiros. O campo de herba sintética do Condús foi un campo que non estaba previsto nos plans da Deputación e que xerou unha forte polémica entre o titular de Deportes naquel momento, o noso compañeiro Antón Tenreiro, que loitou por conseguir o que hoxe é xa unha realidade, e os responsábeis da área de Deportes da Deputación, entre eles o veciño de Oleiros Miguel Sánchez Ortiz (PSOE). Despois desa forte polémica e despois das argumentacións en favor do deporte en Oleiros por parte do BNG, xustificadas polo feito de en Oleiros existiren perto de 9 equipos de fútbol e 50 máis contándomos as categorías inferiores e mais os veteranos, e polo feito de non haber ningún campo de herba artificial até o de agora. Grazas a esa loita do compañeiro Antón Tenreiro á fronte da Concellaría de Deportes conseguiuse o primeiro campo de herba artificial para Oleiros, campo que formaba parte dun Plan Director de Infraestruturas Deportivas que tiña a concellaría nacionalista naquel momento, e plan que ficou suspendido coa expulsión do BNG do goberno municipal. Dito plan incluía 3 campos de herba sintética, a mellora das instalacións e o incremento das infraestruturas noutros espazos do concello.


Agora, o vindeiro sábado 21 de Xuño, inaugúrase unha moderna instalación no campo de fútbol municipal de Condús “Eugenio Pardo Conchado” con herba artificial e novas obras, herdada da xestión do nacionalismo á fronte da Concellaría de Deportes do Concello de Oleiros na anterior lexislatura. Desde o BNG felicitamos o colectivo futbolístico de Oleiros e o deporte de Oleiros en xeral por estes novos equipamentos.