Os accesos e o contorno da praia da Naval, esquecidos por un alcalde preocupado en gastar o diñeiro en obras megalómanas
Xuño 23, 2008 1:00 pm Sen clasificar
Â
Xa comezou o verán e as veciñas e veciños de Oleiros véñenme demandando ultimamente, coa proximidade do verán, que faga públicas as súas queixas polo pésimo estado dos accesos á praia da Naval, asà como do estado lamentábel en que se encontra o contorno desta praia. Despois de me teren realizado estas queixas a respeito do abandono de coidados da zona por parte do goberno local, aproximeime aos accesos e ao contorno da praia da Naval para comprobar, in situ, como a inicios do verán o estado da zona é lamentábel.
Â
Non é nada bon para o turismo que se achega a Oleiros nin para a xente de Oleiros ter que se encamiñaren á praia nunhas condicións de acesso máis que deplorábeis, pois os accesos están deixados a monte, coas conseguintes dificultades e inclusive perigos que non deberÃan existir nos accesos a un lugar como é unha praia, como caÃdas nun contorno de suxidade e falta de condicións hixiénicas e de acondicionamento, etc.
Â
O goberno do Concello de Oleiros tiña a inicios da pasada lexislatura un proxecto para a adecuación do contorno da praia da Naval, asà como dos seus accesos. Mais constato que lamentabelmente dito proxecto caeu en saco roto e que o alcalde é quen de se dar moita présa para gastar o diñeiro das veciñas e dos veciños en estatuas por valor de máis de 180.000 € (máis de 30 millóns das antigas pesetas) en vez de dedicar o diñeiro público para as necesidades reais do concello. Aquel proxecto que foi abandonado polo goberno local prevÃa aparcadoiros, adecuación do contorno e mellora dos accesos e zonas verdes, etc., mais o proxecto continúa tan abandonado como os accesos á praia da Naval e o seu contorno.
Â
Quero, polo tanto, facer unha chamada de atención ao alcalde para ter un compromiso coa cidadanÃa, un compromiso real que vaia máis alá da pura aparencia dos monumentos megalómanos que só serven para gastar o diñeiro das e dos contribuÃntes para satisfacer os seus caprichos persoais, caprichos que non teñen xustificación nin sequera ideolóxica, como pode dicir GarcÃa Seoane, porque o despifarro do diñeiro do pobo ten pouco de comunista e máis que enxalzar a figura do Che Guevara provocarÃa a vergoña allea deste a respeito do alcalde e da súa polÃtica. A figura do Che non merece o despilfarro do diñeiro das veciñas e veciños de Oleiros, que ven con indignación como se gastan os seus cartos, o diñeiro público, para cumprir caprichos persoais dun alcalde que os esquece e que esquece as súas necesidades reais.
Â
