O BNG logra que o Concello de Oleiros proceda á reparación dos accesos da praia de Naval, pero non é dabondo
O BNG de Oleiros logrou que o goberno local inicie esta mesma semana as obras de asfaltado dos accesos á praia de Naval.O BNG de Oleiros realizarou estes días na zona do contorno da praia de Naval unha recollida de sinaturas porta por porta para presionar o goberno local e adecentar os accesos.
Esta iniciativa do BNG, aplaudida polos veciños e veciñas da zona, fixo que o goberno anunciase para esta mesma semana o inicio das obras de asfaltado sen ter que chegar sequera a presentar as sinaturas recollidas (cerca de 200 até o momento).
O lamentábel é que o goberno de Alternativa dos Veciños só se comprometa a solucionar estes problemas baixo presión dos veciños e veciñas e mais do BNG, cando o abandono e deterioro da zona é tan evidente, logo de ter solicitado o BNG en numerosas ocasións ao goberno a mellora destes accesos.
Aparte do acceso, é necesario millorar a iluminación da zona, a limpeza e a seguridade con valados no litoral ademáis de adecentar os espazos públicos, avandonados á súa sorte desde hai máis de 20 anos.
O BNG agradece aos veciños e veciñas a boa acollida da iniciativa e comprométese a exercer o control da reparación dos accesos e o posterior mantemento destes.
