O ALCALDE, ACÚSA AO BNG DE OBRIGALO A CAER “NOS BRAZOS DO PSOE”
26 Agosto, 2008 Xeral Non hai comentarios
O alcalde de Oleiros sorpréndenos hoxe con unhas declaracións no diario La Opiniónde A Coruña, nas que acusa ao BNG de ter intereses económicos en Oleiros, según él, por cobrar as dietas de asistencias a plenos e comisións.
Xa que logo, o alcalde cifra os “intereses económicos” do BNG en 250€ mensuáis, todo un escándalo de altas dimensións proposto por él mesmo ao Pleno e aprobado pola corporación ao mesmo tempo que o seu salario de máis de 70.000€, que nós mesmos apoiamos por entender que o alcalde dun concello tan importante como Oleiros debe ter a dedicación necesaria e o salario digno para atender os intereses do concello antes que os privados.
Nesta acusación, o sr. alcalde esquece que él mesmo tardou máis dunha hora en describir as súas propiedades privadas nun pleno municipal recoñecendo que superaban o valor de 1.000 millóns das antigas pesetas, e que incluían tres casas. Non manifestou o sr. alcalde que a maior parte dese patrimonio inmobiliario foi adquirido con unha calificación e hoxe son todas urbanas. (todo un lince dos negocios e sen intereses económicos).
Esquece o sr. alcalde que está procesado por “negociacións prohibidas a funcionarios” en asuntos urbanísticos e baixo sospeita de exercer de alcalde promotor no seu propio concello.
Pero a “perla” millor das súas declaracións, que “caeu nos brazos do PSOE” por culpa do BNG, non ten desperdicio, cal amante rexeitado, que culpa a terceiros das súas libres decisións.
No BNG xa coñecemos actitudes como estas en outros alcaldes “independentes” que ao final rematan nas filas socialistas para salvagardar os seus intereses, que representan bastante máis que os 250€ que ingresa o BNG por asistencias aprobados democraticamente.
CONCENTRACIÓN VECIÑAL: NAVAL, 20 ANOS DE ESQUECEMENTO
6 Agosto, 2008 Eventos Non hai comentarios| 9 Agosto 2008 | ||
| 12:00 pm | to | 1:00 pm |
CONCENTRACIÓN: SÁBADO 9 ÁS 12:00 NA PRAIA DE NAVAL
-Contra o abandono durante máis de 20 anos do contorno de Naval, en Breixo (Dorneda).
-Pola colocación de iluminación, adecentamento dos espazos públicos e pola colocación de valados de protección e a mellora dos accesos e da limpeza do contorno de Naval.
Acude á concentración do Sábado 9 ás 12:00 horas na praia de Naval!!!
CARTA ABERTA AO ALCALDE DE OLEIROS
6 Agosto, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosCarta de Fian Quintáns ao Alcalde de Oleiros.
Estimado sr. alcalde:
Sorprendennos moito no BNG as súas declaracións polo posicionamento do BNG sobre o Plan Xeral de Oleiros, e sobre todo cando vostede afirma que o documento actual é o mesmo que o inicial apoiado polo Bloque Nacionalista Galego.
O actual documento, cos cambios introcudidos por vostede no acordo co PSOE, descoñecemolo nós e todos os veciños e veciñas do concello, e o documento inical, non serviría neste momento non por un antoxo do BNG, senón porque desde hai tres anos que se aprobou, mudaron algunhas situacións de moita trascendencia para o futuro de Oleiros e para o conxunto do País.
Saberá vostede que desde a aprobación inicial entrou en vigor a Lei de Protección do Litoral e se teñen aprobado a Lei de Vivenda ou o Decreto de Normas do Habitat Galego. Ademáis, todos sabemos xa que estamos no comenzo dunha importante crise económica que afecta en grande medida á construcción de vivendas libres e que esta situación obriga a facer fondos cambios nas previsións de futuro para o noso concello.
Debemos adaptarnos ás novas leis e normativas pero tamén debemos facer previsións de crecemento adaptadas á nova situación, promovendo vivenda pública para os que máis a necesitan e non en función da antigüedade no padrón municipal, apostar decididamente por alternativas económicas como o turismo de calidade, novos espazos para o crecemento industrial e millores comunicacións e transporte público que facilite e abarate a mobilidade no noso concello e na comarca ademáis de incrementar a colaboración institucional para millorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.
No BNG non criticamos un documento que descoñecemos, senón que facemos propostas e demandamos transparencia, participación e respeto aos dereitos mínimos de todos os cidadáns á información e a alegar aos cambios que consideren oportunos.
No documento inicial, tivemos acceso a un CD co documento do PXOM, período de exposición pública, alegacións e mesmo aportacións das entidades. Agora, non temos coñecemento exacto dos acordos acadados por vostedes (só propaganda mediática) e non hai as mínimas garantías de transparencia, información e diálogo, polo que non pretenderá vostede que o BNG apoie “a cegas” un documento que descoñecemos nós e todo Oleiros, fiandonos só da súa contradictoria palabra.
Estimado alcalde, creame cando lle digo que no BNG estaríamos encantados de poder apoiar un Plan Xeral o máis consensuado posíbel para Oleiros, pero de ningunha maneira podemos ser cómplices dunha aprobación pactada de costas aos cidadáns, con “premeditación, alevosía e nocturnidade politicas”.
Aínda está vostede a tempo de pechar as sospeitas sobre un acordo, que por secreto, parece ocultar intereses inconfesábeis, facendo un proceso de aprobación limpo e transparente, e nese caso, o BNG, independentemente do seu voto, será respetuoso e acatará con total normalidade a vontade maioritaria do Pleno.
Sen máis, reciba vostede un sincero saúdo de Fina Quintáns, Portavoz Municipal do BNG de Oleiros.
O BNG traballa para a xente de Oleiros, independentemente de quén goberne o concello e así o demostramos cando formamos parte do goberno local pero tamén fora del co apoio decidido desde outras institucións como a Xunta de Galiza ou a Deputación Provincial.





