O ALCALDE, ACÚSA AO BNG DE OBRIGALO A CAER “NOS BRAZOS DO PSOE”
Agosto 26, 2008 9:25 am Xeral
O alcalde de Oleiros sorpréndenos hoxe con unhas declaracións no diario La Opiniónde A Coruña, nas que acusa ao BNG de ter intereses económicos en Oleiros, según él, por cobrar as dietas de asistencias a plenos e comisións.
Xa que logo, o alcalde cifra os “intereses económicos” do BNG en 250€ mensuáis, todo un escándalo de altas dimensións proposto por él mesmo ao Pleno e aprobado pola corporación ao mesmo tempo que o seu salario de máis de 70.000€, que nós mesmos apoiamos por entender que o alcalde dun concello tan importante como Oleiros debe ter a dedicación necesaria e o salario digno para atender os intereses do concello antes que os privados.
Nesta acusación, o sr. alcalde esquece que él mesmo tardou máis dunha hora en describir as súas propiedades privadas nun pleno municipal recoñecendo que superaban o valor de 1.000 millóns das antigas pesetas, e que incluÃan tres casas. Non manifestou o sr. alcalde que a maior parte dese patrimonio inmobiliario foi adquirido con unha calificación e hoxe son todas urbanas. (todo un lince dos negocios e sen intereses económicos).
Esquece o sr. alcalde que está procesado por “negociacións prohibidas a funcionarios” en asuntos urbanÃsticos e baixo sospeita de exercer de alcalde promotor no seu propio concello.
Pero a “perla” millor das súas declaracións, que “caeu nos brazos do PSOE” por culpa do BNG, non ten desperdicio, cal amante rexeitado, que culpa a terceiros das súas libres decisións.
No BNG xa coñecemos actitudes como estas en outros alcaldes “independentes” que ao final rematan nas filas socialistas para salvagardar os seus intereses, que representan bastante máis que os 250€ que ingresa o BNG por asistencias aprobados democraticamente.
