O BNG traballa para a xente de Oleiros, independentemente de quén goberne o concello e asà o demostramos cando formamos parte do goberno local pero tamén fora del co apoio decidido desde outras institucións como a Xunta de Galiza ou a Deputación Provincial.
Rematando as vivendas de o mesón da Auga que acumulaban case dez anos de retrasos do goberno do PP, con subvencións anuais de medio rural que nunca antes se tiñan producido, co traspaso de dúas escolas infantÃs á rede de Galescolas e unha terceira o vindeiro ano aforrando unha grande cantidade de diñeiro ao concello na xestión das mesmas, co compromiso de construcción dun novo Centro de DÃa e outra Galescola, co financiamento para a formación das redeiras de Lorbé, co apoio a eventos como Revela ou Alfaroleiros, coa semana do libro, co apoio á entidade terra das mariñas nos planos turÃsticos, coa remodelación do avandonado estadio do INEF de Bastiagueiro etc, etc, etc…
Feitos que demostran que o BNG non fai as politicas clientelares realizadas polo Partido Popular ou o PSOE e que confirman o compromiso do s nacionalistas cos cidadáns. |