O BNG CONSEGUE QUE O CONCELLO INICIE A EXPROPRIACIÓN DO CONTORNO DE NAVAL

11:15 am Sen clasificar

Malia a negativa do alcalde de Oleiros a recoñecer que se podería mellorar o contorno de Naval, as mobilizacións realizadas polos veciños e veciñas, e as sinaturas recollidas polo BNG, provocaron coa presión cidadá que o Concello publique a expropriación dos accesos despois de anos de esquecemento dun privilexiado contorno urbano entre as parroquias de Liáns e Dorneda. Este feito non exime o Concello de limpar e adecentar unha zona abandonada, degradada e con serios riscos para a seguridade.

O BNG defendeu sempre diante dos veciños e veciñas que con vontade política se podería ter solucionado este problema hai moito tempo e os feitos demostran que coas mobilizacións non hai cabida para a obcecación do alcalde, polo que o BNG felicita todos os veciños e veciñas de Naval e seguirá a controlar e demandar a consecución de todas as reivindicacións e animamos todas aquelas persoas prexudicadas polo esquecemento do goberno local a se mobilizaren da mesma maneira que os veciños e veciñas de Naval.