O BNG SOLICITOU AO ALCALDE DE OLEIROS O NÚMERO DE LICENZAS URBANÍSTICAS DE 2007 E 2008 COA CORRESPONDENTE INFORMACIÓN SOBRE A CANTIDADE DE INGRESOS

2:35 pm Sen clasificar

O BNG solicitou esta mañá por rexistro ao alcalde de Oleiros o número de licenzas urbanísticas concedidas no concello de Oleiros no ano 2007 e no que levamos de 2008, coas súas correspondentes cantidades de ingresos obtidos a través das referidas licenzas.

Fina Quintáns solicitou hoxe ao alcalde de Oleiros a información referida ao número de licenzas de 2007 e do que levamos de 2008 cos seus correspondentes ingresos para analisar e estudar as repercusións que a crise económica está a ter nos últimos tempos na actividade urbanística de Oleiros, xa que o noso concello ten unha grande dependencia dos ingresos a través da vía urbanística.