OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS TORNOS SEGUEN AGARDANDO A ATENCIÓN DO GOBERNO LOCAL
Setembro 26, 2008 2:14 pm Sen clasificarOs veciños e veciñas dos Tornos en Oleiros (na zona limítrofe co concello de Sada) seguen agardando polas actuacións do goberno local e lamentando a discriminación que teñen respeito doutras zonas do concello de Oleiros.
Os Tornos agarda tamén que o bo entendemento do alcalde de Oleiros co seu homónimo de Sada facilite a execución da rede de viais, saneamento, iluminación e mantimento, inexistente nesa zona, e que outros acordos acadados co concello veciño se materialicen a través dunha capacidade de diálogo que se ten comprobado por parte do alcalde do BNG de Sada, mais que até ao momento non se ten observado por parte do goberno local de Oleiros.
A portavoz do BNG, Fina Quintáns, manterá nos vindeiros días reunións cos veciños e veciñas da zona para materializar as súas reivindicacións e, se é preciso, promover algunha iniciativa pública, ou mesmo chegar a realizar unha mobilización para reclamar unha atención inexistente até agora por parte do goberno local.

