FINA QUINTÁNS APRESENTOU A SOLICITUDE DE ADECENTAMENTO DO CONTORNO DA PRAIA DE NAVAL E AS MÁIS DE 300 ASINATURAS DE APOIO
22 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosNa mañá de hoxe, Fina Quintáns apresentou no rexistro do Concello de Oleiros unha solicitude acompañada dunhas 316 asinaturas de veciños e veciñas de Oleiros reclamando o adecentamento dos accesos e do contorno da praia de Naval.
O BNG leva recollido durante todo o verán as asinaturas de apoio á demanda de seguridade, limpeza, iluminación e accesibilidade a ese privilexiado contorno urbano en que se atopa, ademais, unha das mellores praias do concello de Oleiros.
O goberno de Oleiros publicou recentemente no D.O.G. a expropriación de terreos para acometer melloras nos accesos, aínda que os veciños e veciñas da zona e o BNG aseguramos que esta medida (cualificada como imposíbel polo alcalde poucos días antes) é insuficiente, e que a seguridade segue sen estar garantida, polo que, independentemente desa medida, pódense realizar xa arranxos nas zonas públicas cunha partida de 30.000€ recollida nos orzamentos municipais.
Fina Quintáns apresentou as mais de trescentas asinaturas no rexistro municipal poucos minutos despois das 11:30 de hoxe segunda feira (luns) para lembrar que o problema non está resolto nin moito menos co anuncio da expropiación e que esta se leva pola vía forzosa sen se ter negociado coa proprietaria.
Moción pola mellora do transporte na comarca
Asimesmo, Fina Quintáns tamén apresentou no Rexistro Municipal na mañá de hoxe unha moción para ser levada ao Pleno municipal desta mesma semana. A moción que se apresentará ao Pleno municipal esta semana polo BNG aposta polo transporte público e pola mellora do mesmo para solucionar o problema da mobilidade na nosa comarca. O texto da moción sobre a mellora do transporte na nosa comarca pode descarregarse aquí.
A INICIATIVA PARLAMENTAR DO BNG FAI RECUAR AO PSOE NO TRANSPORTE ESCOLAR DE OLEIROS
22 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosA iniciativa parlamentar promovida polo BNG de Oleiros fixo recuar o PSOE no súa tentativa de eliminación do transporte extraescolar nos centros de primaria de Oleiros
A pregunta parlamentar de Carlos Aymerich e Pablo Glez. Mariñas demandando o mantimento do transporte nos tres centros de primaria do concello, Rabadeira, Parga Pondal e Luís Seoane, exerceu de presión na Consellaría de Educación e fixo recuar o PSOE, que só ía manter o transporte da Rabadeira logo das demandas dos pais e nais. Foi cando o BNG chamou a atención sobre a discriminación dos outros dous centros cando o PSOE deu marcha atrás nunha decisión que xa tiña tomada. Polo tanto, novo éxito politico do grupo municipal nacionalista. |
O BNG presentou no Parlamento galego unha pregunta relativa ao re-estabelecemento do transporte extra-escolar
18 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentarios
O BNG presentou na tarde de onte no Parlamento galego unha pregunta através dos deputados do BNG Carlos Aymerich Cano e Pablo González Mariñas relativa á supresión por parte da Consellaría de Educación do transporte extraescolar en diversos centros escolares do concello de Oleiros. Os deputados do BNG solicitaron saber cando vai ser re-estabelecido por parte da Consellaría de Educación o servizo de transporte extra-escolar.
Reprodúcese abaixo a pregunta presentada onte polos deputados do BNG Carlos Aymerich e Pablo González Mariñas:
Á MESA DO PARLAMENTO
Carlos Aymerich Cano e Pablo González Mariñas, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta escrita, relativa á supresión do transporte escolar en diversos centros escolares de Oleiros.
Felizmente, tras das protestas da comunidade escolar, a Consellaría de Educación vén de anunciar o mantemento do servizo de transporte extra-escolar – é dicir, o que leva as crianzas para a casa despois das actividades extra-escolares – no colexio da Rabadeira, en Oleiros. Porén, mantense a supresión deste servizo para outros centros educativos do Concello tais como o “Luís Seoane” de Mera e o “Isidro Parga Pondal” de Santa Cruz.
Estamos certos de que tamén para estes centros a Consellaría confirmará, nos próximos días, o mantemento do servizo e, por esta razón, formulamos a seguinte pregunta:
Cando vai re-estabelecer a Consellaría de Educación o servizo de transporte extra-escolar nos centros públicos “Luís Seoane” de Mera e “Isidro Parga Pondal” de Santa Cruz, no Concello de Oleiros?
Asdo.
Carlos Aymerich Cano
Pablo González Mariñas
A pregunta no Parlamento galego pódese descargar en PDF aquí.
O BNG RECLAMA A CONSTRUCCIÓN DUNHA PISTA DE SKATE EN OLEIROS
11 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosO GOBERNO LOCAL SIGUE SEN LOCAIS DE ENSAIO
11 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosO BUS-EXPOSICIÓN ”TRANSFOMANDO GALIZA” DO BNG VISITARÁ OLEIROS A 15 DE SETEMBRO
9 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosO BNG CONSEGUE QUE O CONCELLO INICIE A EXPROPRIACIÓN DO CONTORNO DE NAVAL
6 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentarios
Malia a negativa do alcalde de Oleiros a recoñecer que se podería mellorar o contorno de Naval, as mobilizacións realizadas polos veciños e veciñas, e as sinaturas recollidas polo BNG, provocaron coa presión cidadá que o Concello publique a expropriación dos accesos despois de anos de esquecemento dun privilexiado contorno urbano entre as parroquias de Liáns e Dorneda. Este feito non exime o Concello de limpar e adecentar unha zona abandonada, degradada e con serios riscos para a seguridade.
A Portavoz Municipal do BNG, Fina Quintáns, apresentou esta mañán polo rexistro do concello a moción do BNG comarcal para a milllora do transporte metropolitano. Reproducimola abaixo:
Despois de numerosas reclamacións feitas polos rapaces de Oleiros para que se construira unha pista de Skate, o goberno local sigue incumplindo esta vella promesa.

Nun acto no que se detallarán as “liñas vermellas” en caso de negociación co goberno do Estado: máis autogoberno, financiamento para aplicar a Lei de Dependencia e cumprimento dos prazos da alta velocidade ferroviaria



