As mariscadoras e mariscadores constatan un verquido de fecais á ría do Burgo desde Oleiros
Outubro 2, 2008 9:25 am Sen clasificarO goberno de Oleiros negou que desde o noso concello houbese verquidos á ría do Burgo, argumentando que todos estaban canalizados e controlados. Esta versión do goberno contrasta cos feitos demostrados pola cofradía de mariscadores/as da ría, que comprobaron e verificaron onte a presenza dun verquido de fecais directo á ría do Burgo na zona de Beiramar, polo que as escusas do goberno para non apoiar a moción do BNG nin acudir ás manifestacións demandando o saneamento da ría son só escusas de mal pagador.

