Dúas instalacións deportivas emblemáticas a punto de concretarse na nosa comarca
Outubro 2, 2008 1:06 pm Sen clasificarA Dirección Xeral para o Deporte, que retomou o proxecto de recuperación do estadio do INEF por valor de 1 millón e medio de euros, está a punto de finalizar unhas obras que avanzan a un bo ritmo e xa están instaladas as torres de iluminación, graderío, pista, estrutura das aulas, almacén e vestiarios, alén de que se está tamén a instalar o céspede do campo de fútbol. Por tanto, todas as actuacións serán concluídas en moi poucos meses.
Por outra banda, esta semana sairá a licitación, a obra de construción do circuíto BMX nas instalacións de Acea de Ama que están a ser asesoradas e supervisadas desde o seu inicio pola nosa veciña e amiga Eva Castro.




