O BNG de Oleiros cualifica de hipócrita a posición do PP a respeito da ría do Burgo
Outubro 3, 2008 11:22 am Sen clasificar
O BNG de Oleiros, critica a posición do Partido Popular polas súas críticas á situación da Ría do Burgo, pois foi este un partido que permitiu a degradación da ría en 16 anos de goberno de fraga na Xunta e doce anos de goberno Aznar no Estado. Para o BNG de Oleiros resulta hipócrita a postura do portavoz do PP de Oleiros asistindo ás manifestacións para o saneamento da ría cando o seu partido ten unha alta cuota de responsabilidade no deterioro e na degradación deste contorno natural. O Partido Popular non está nin ética nin politicamente autorizado a criticar unha situación que eles mesmos criaron e que agora as áreas de responsabilidade do PSOE na Xunta e no Goberno do Estado non resolven. Tampouco pode o goberno local de Oleiros eludir a responsabilidade que lle toca e negar evidencias que a cidadanía constata a diario cando pasea pola ría no lado de Oleiros. |
