Sada honra os irmáns Suárez Picallo

10:36 am Sen clasificar

Hoxe comezan as xornadas de homenaxe aos irmáns Suárez Picallo, que se celebran en Sada até o 14 de outubro, día no que os restos mortais de Ramón Suárez Picallo chegarán a Galiza desde Buenos Aires para seren enterrados

Esta tarde inaugúranse as II Xornadas Irmáns Suárez Picallo que a Comisión Irmáns Suárez Picallo organiza con motivo da declaración institucional deste 2008 como ano destes dous galeguistas. As actividades comezan hoxe e desenvólvense até o 14 de outubro.

Será o martes cando os restos do deputado Ramón Suárez Picallo volvan a Galiza dende Buenos Aires para seren enterrados no cemiterio do Fiunchedo, en Sada, cumprindo así a vontade do galeguista.