30 Xaneiro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios

Conferencia:
“Máis avances e máis futuro para Galiza”
de
Carlos Aymerich,
candidato nº 3 do BNG pola provincia da Coruña, membro da Executiva Nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galiza
Coa presentación de:
Xurxo Dopico,
responsábel local do BNG de Oleiros.
Na Casa Charry de Oleiros
Luns 2 de febreiro
ás 20:00 horas
28 Xaneiro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios

Xoves 29 ás 11h15, haberá unha recepción oficial no Concello de Oleiros do Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana.
Ás 12h00 da mañá terá lugar o acto de entrega á Xunta de Galiza da Pista de Atletismo, o campo de herba natural e a Sala Multiusos Cuberta coa presenza do Vicepresidente Anxo Quintana, a Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto. A recepción será a cargo do Reitor da Universidade da Coruña José María Barja.
O Vicepresidente Anxo Quintana achegarase ás 13h00 á urbanización ás Galeras (Rúa Simón Bolívar) para realizar a presentación do novo Centro de Día de Oleiros, con capacidade para 80 usuarios. Á presentación do proxecto acudirán tamén representantes políticos da localidade e da comarca.
26 Xaneiro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios
O remodelado estadio do INEF en Bastiagueiro que pasará a ser entregado á Xunta de Galiza, será o motivo do acto que terá lugar ás 12h00 da mañá deste xoves 29.
Ao acto, asistirán a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, o Reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, a Conselleira de Cultura e do Deporte, Ánxela Bugallo, e o Decano do INEF, Rafael Martín Acero, entre outras autoridades.
Un millón de euros foron investidos neste estadio, tal e como prometera na visita ao INEF o Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, levandoa cabo deste xeito unha reivindicación que acumulou numerosos incumprimentos por parte do PP e do PSOE ao longo de máis de 2 lustros.
Concluída a primeira fase desta obra, o estadio contará cun módulo aberto, pistas remodeladas, iluminación, vestiarios, e o terreo central de xogo tamén recuperado. Neste momento a Dirección Xeral está a xestionar a posibilidade de arranxar a pista de lanzamentos que se atopa no exterior do estadio.
22 Xaneiro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios
O Bloque Nacionalista Galego ten apostado desde as súas áreas no goberno da Xunta de Galiza polo concello de Oleiros con numerosas actuacións como non se tiña feito anteriormente por parte de ningún goberno.
Desde a Consellaría de Cultura e Deportes temos apoiado certames culturais como o de fotoxornalismo Revela!, o de audiovisual Nova Factory, a creación do festival galego de Cabaré, a celebración da Semana do libro galego e múltiples subvencións a actividades municipais e a entidades culturais e deportivas do concello. O BNG colaborou na restauración do muro do Castelo de Santa Cruz, e recuperou o abandonado estadio do INEF cun investimento superior a 1,5 millóns de euros na súa primeira fase, entre outras actuacións.
A Consellaría de Medio Rural ten investido por primeira vez en Oleiros entre 80 e 100.000 euros anuais na reparación de camiños no rural ademais de impulsar a creación de UXFOR (Unidades de Xestión Forestal) entre as persoas proprietarias de monte en Oleiros.
A Consellaría de Industria, Enerxía e Minas ten mellorado o interior do Mercado municipal de Perillo en colaboración co concello e rematado a través de Xestur e coa Consellaría de Vivenda a urbanización do Mesón da Auga, de vivendas de protección, despois de dez anos de atrasos acumulados polos gobernos do Partido Popular. Ademais, desde a Dirección Xeral de Turismo, está a se a impulsar co Consorcio das Mariñas o Plano Comarcal de Turismo en que está incluído o concello de Oleiros.
Desde a Consellaría de Vivenda e Solo e a través do Plan Sectorial de Vivenda, Oleiros contará con case 600 vivendas de promoción pública con máis de 150.000m2 de espazo e cerca de 40.000m2 de solo de equipamento nun lugar privilexiado como é Coruxo, ben perto do centro de Santa Cruz, ben comunicado e que xenerá emprego e investimentos económicos sen precedentes no noso concello.
A Vicepresidencia da Xunta de Galiza, que dirixe Anxo Quintana, ten oferecido o equipamento para os locais de ensaio, o traspaso de dúas escolas infantís á rede de Galescolas este ano e outras dúas o vindeiro, ademais da construción doutra máis. Está finalizado o proxecto de construción dun grande Centro de Día (80 usuarios) nas Galeras e temos apoiado tamén economicamente á asociación de redeiras de Lorbé para dignificar esta profesión.
Sen dúbida, estas e outras actuacións, constitúen un compromiso efectivo do BNG desde a súa responsabilidade de goberno cos veciños e veciñas de Oleiros, que seguiremos a incrementar na próxima lexislatura co voso apoio nas eleccións do 1 de marzo.
15 Xaneiro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios
O ex portavoz do BNG de Oleiros no anterior goberno local, e actual responsábel institucional comarcal, Antón Tenreiro, está chamado a declarar o vindeiro martes 20 como imputado por unha denuncia realizada por veciños de Mera vinculados ao PP, respeito do procedemento de contrución de beirarrúas nesa localidade. O caso, que foi arquivado no seu momento, reábrese de novo e convócase a declarar a todo o goberno daquel momento por este motivo.
O certo é que a aplicación de contribucións especiais aos veciños que se negaban a ceder os espazos para a construción das beirarrúas só tivo unha aprobación especial e non chegou a executarse, polo tanto non é delito.
O BNG defendeu en todo o momento tanto en Perillo como en Mera os intereses xerais por diante dos intereses particulares, e o interese público por diante do interese privado, ademais de tentar executar nun núcleo urbano unha demanda histórica dos veciños e veciñas respeito da seguridade viaria nunha estrada das máis concurridas do concello, que leva desde o centro de Mera até ao faro e ás praias.
Oleiros distinguiuse con este modelo como un dos concellos máis avanzados de Galiza na construción de andéns e beirarrúas tanto nos núcleos rurais como nos urbanos, e conta hoxe con decenas de quilómetros de sendas peonís que garanten aos veciños e veciñas a súa mobilidade e a facilidade de acceso por todo o concello.
Estas actuacións non terían sido posíbeis sen a colaboración voluntaria e altruísta de centos de veciños e veciñas que colaboraron co organismo municipal para conseguir un concello mellor comunicado e pensado para as persoas, e non pensado exclusivamente para os vehículos. A xustiza non pode tratar por igual as persoas que tentan sacar beneficio económico que aquelas persoas que realizan actuacións destinadas ao interese público xeral.