ACTO SECTORIAL SOBRE DEPORTES NO INEF-GALICIA

Sen clasificar Non hai comentarios

mécores 25, ás 13:00 no salón de actos do INEF Galicia

Acto para profesorado e comunidade académica da Facultade de Ciencias do Deporte e a Actividade Física da UDC

Con Ana Pontón (Nº 2 pola Coruña) e Carlos Aymerich (Nº 3 pola Coruña)

Organiza: INEF Galicia.
cabezallo_web1

MITIN DO BNG EN OLEIROS O VINDEIRO SÁBADO

Sen clasificar Non hai comentarios

SÁBADO 21 ÁS 12:00 NA SALA BAIXA DO HOTEL PORTOCOBO DE SANTA CRUZ DE LIÁNS.

Coa intervención de:
-Fina Quintáns, Portavoz Municipal do BNG en Oleiros.

-David Pena, Candidato Nº 15 pola provincia de A Coruña.

-Carlos Aymerich, Candidato Nº 3 pola provincia de A Coruña.

Ao remate serviranse uns petiscos para o público asistente ao acto.cabezallo_web

A AP9 é nosa, cowboy!

Sen clasificar Non hai comentarios

Licitadas as obras de construción do novo Centro de Día de Oleiros, anunciado hai uns días polo vicepresidente da Xunta

Sen clasificar Non hai comentarios

Centro de Día de As GalerasO novo Centro de Día situarase na urbanización As Galeras en Bastiagueiro. Contará con 80 prazas e un cadro de persoal composto por 15 profesionais, e comezará a funcionar, previsiblemente, no primeiro trimestre do 2010. A licitación das obras publícase hoxe no DOG por un importe máximo de 1.114.529,88 euros.

Durante a presentación do proxecto de construción deste centro, o pasado 29 de xaneiro, o vicepresidente avogou por facer unha política centrada nas cuestións que preocupan á xente e nun país coma o noso, dixo, no que o 21% dos cidadáns son maiores de 65 anos “é unha obriga do Goberno colocar no centro das súas políticas públicas a atención á xente maior”.

Na súa visita ao concello de Oleiros, o vicepresidente agradeceu a colaboración institucional do concello que comparte coa Xunta o desexo de acadar mellores cotas de benestar para os seus veciños.

Este novo centro,proxectado por Placido Lizancos, e que estará integrado na Rede Galega de Centros de Día, súmase ao que xa existe no edificio patrimonial do Pazo da Arenaza e que leva funcionando dende comezos do 2008, conta con 15 prazas e está atendido por 10 profesionais.

Centros de Día na Comarca

Na comarca da Coruña está a piques de entrar en funcionamento, no primeiro trimestre deste ano, un novo Centro de Día, o de Culleredo que conta con 60 prazas e que terá cun cadro de persoal integrado por 15 profesionais. Ademais están en fase de licitación, os Centros de Día de Monte Alto e de Eirís, ambos con 80 prazas.

Con estes 5 centros: 2 en Oleiros (1 xa en funcionamento), 1 en Culleredo e 2 en fase de licitación na Coruña, crearanse un total de 315 prazas para a atención das necesidades sociosanoitarias das persoas maiores da comarca da Coruña. Suporán un investimento superior aos 7´1 millóns de euros e a creación de 70 postos de traballo directos.

Ademais destes 5 centros, está prevista tamén a creación dun novo centro de día no concello de Cambre, cuxos trámites para a redacción do proxecto están a piques de comezar. Deste xeito, ao rematar estas actuacións, os 9 concellos que conforman a comarca da Coruña contarán con 6 centros integrados na Rede Galega de Centros de Día.1234256911oleiros270-2

ENCONTRO DE ANXO QUINTANA CON FAMILIAS DE NENOS E NENAS DAS GALESCOLAS

Sen clasificar Non hai comentarios

Logo das Galescolas
O candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza terá un encontro esta sexta feira, venres 13 ás 11:30 horas no salón Rías Altas do Hotel Eurostar Palace de Matogrande na Coruña.

O Portavoz Nacional do BNG e candidato á Presidencia do Goberno galego manterá un encontro con pais, nais e familiares de crianzas das Galescolas, para informar así de primeira man dos avances realizados desde Vicepresidencia para lograr as 82 Galescolas que hai actualmente en todo o país, que chegarán á cifra de 120 ao longo deste ano.avancesni2

Xa superamos un cento de inscritos na laconada do BNG

Sen clasificar Non hai comentarios

sociedade-gastronomica

Xa superamos o cento de inscritos para a laconada de campaña (e de entroido) do BNG de Oleiros que celebraremos o vindeiro día 15 na Casa do Pobo de Mera, polo que pecharemos o cupo de asistentes por falta de espazo, xa que non agardabamos tanta e tan boa acollida.

Á parte do lacón, orellas, filloas, viño etc., tamén teremos actuacións musicais, e como é preceptivo en campaña, mitin na sobremesa con Fina Quintáns e os candidatos Pura Ferreño e Carlos Aymerich.

Aquelas persoas que o desexaren poden asistir disfrazadas e só se exixe vontade de pasalo ben e de apoiar o BNG para o 1 de Marzo.

CON VALENTÍA, SEN ATADURAS!
A TÚA FORZA, MOVE ESTE PAÍS!

O BNG distribuirá en Oleiros 12.000 boletíns do nº 6 do voceiro local “BLOQUE OLEIROS”

Sen clasificar Non hai comentarios

TrackBack
Descarrega aquí o boletín nº 6 do BNG de Oleiros

O BNG de Oleiros distribuirá polas vivendas de Oleiros 12.000 boletíns informativos na presente campaña electoral.

O Nº6 do noso voceiro local “BLOQUE OLEIROS” será distribuído por todo o concello indiscriminadamente, e contará con 8 páxinas a cores e con información xeral sobre Anxo Quintana, o noso candidato á Presidencia da Xunta, entrevista con Ana Pontón, nº2 da candidatura pola provincia da Coruña, información do programa do BNG para as eleccións e información local de Oleiros.

O boletín pódese descarregar pinchando no logo previo a estas letras.

O BNG de Oleiros apresenta 12 propostas para incluír nos orzamentos 2009

Sen clasificar Non hai comentarios

orzamentos_entre_todos_e_todas__

O BNG de Oleiros apresentará 12 propostas de inclusión de partidas orzamentarias para os orzamentos 2009 esta tarde nas comisións informativas que deben complementar ás aprobadas para os investimentos do Estado no concello e que detallamos abaixo:

1. Cubrición da pista polideportiva IESP Neira Vilas. Único instituto sen pista cuberta.

2. Criación de locais de ensaio para grupos de música. Locais adaptados (insonorización e ligazóns para o material técnico). Os instrumentos xa foron enviados pola Dirección Xeral de Xuventude hai tres anos. A Dirección Xeral sufragaría o acondicionamento dos locais (Hai xa máis de 40 na rede) .

3. Reparación da polideportiva do CEIP “A Rabadeira” .

4. Alumeado nos pasos de peóns dos núcleos máis poboados. No inverno, a falta de luz incrementa a perigosidade para os peóns.

5. Instalación progresiva de calefacción nas Casas do Pobo e adecentamento xeral das mesmas en función das necesidades.

6. Arranxo da Rúa Nova de Perillo.

7. Construción de beirarrúas na Corredoira das Viñas pola que acceden diariamente numerosos vehículos desde Ché Guevara á canteira de Perillo. Mellora da iluminación e do firme.

8. Adecentamento da Rúa do Mar (Dorneda) .

9. Mellora dos accesos á Praia de Naval, tal e como se comprometeu o Alcalde.

10. Partida para limpeza mensal (durante todo o ano) das praias do concello.

11. Instalación de asentos de material plástico en todos os pavillóns de deportes do concello.

12. Conxelación dos salarios e asistencias dos membros da corporación (goberno e oposición) como exemplo en tempos de crise económica. (suprimir esta partida) .

Por outra banda o BNG de Oleiros votará favorabelmente que se pague o proxecto do auditorio á empresa redactora do mesmo, xa que entendemos que esta non é culpábel da situación política do concello.